Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP do Rosal anuncia a súa absoluta oposición á suba do IBI de urbana nun 29% e acusa ao goberno de -atracar aos veciños-

Carlos Rodríguez lamenta que O Rosal vaia ter un dos tipos impositivos do IBI máis altos da provincia, -xa que os concellos adoitan situalos do 0,4 ao 0,55 e no noso concello van subilo ata o 0,58-

Carlos Rodríguez lamenta que O Rosal vaia ter un dos tipos impositivos do IBI máis altos da provincia, -xa que os concellos adoitan situalos do 0,4 ao 0,55 e no noso concello van subilo ata o 0,58-

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Octubre de 2023

Fuente: PP do Rosal

O grupo municipal do PP do Rosal vén de anunciar na xornada de hoxe a súa absoluta oposición e rexeitamento á suba do Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza urbana nun 29% que propón o bipartito e pídenlle ao goberno local que reconsidere a súa postura, xa que entenden que esta medida supón “atracar aos veciños”.

Os populares revelaron que o executivo “trata de esquilmar ás familias do Rosal cun sablazo fiscal” que se debaterá nun pleno extraordinario a celebrar este serán (20.30 horas en primeira convocatoria) “e que ten como único obxectivo tapar os seus pufos, a súa crecente débeda e, como eles mesmo admiten, os seus propios gastos de persoal”.

Neste censo, a proposta de suba do IBI de urbana do goberno local contempla un incremento do tipo impositivo desde o 0,45 no que está fixado na actualidade ata o 0,58, unha cifra que o PP rosaleiro considera “desorbitada e absolutamente fóra da realidade dos demais municipios da provincia”.

“O Rosal vai pasar a ter un dos tipos impositivos do IBI de urbana máis altos da provincia, xa que os concellos adoitan situalos entre o 0,4 e o 0,55 e, se ben é certo que algún están optando por subilos neste outono, non coñecemos ningún que supere o 0,55 pero o bipartito do Rosal vai estar por riba desta cifra nunha medida que atenta directamente contra os veciños, as familias e as economías domésticas”, sinalou o voceiro municipal, Carlos Rodríguez.

Cómpre sinalar que as arcas municipais tiñan previsto recadar 779.000 euros este ano por este tributo e o incremento previsto do 29% suporá un aumento estimado de 101.000 euros por exercicio -404.000 euros ao longo da lexislatura- “que se destinará exclusivamente a afrontar o pago da forte débeda que xeraron eles sós pola súa nefasta xestión, xa que O Rosal non tiña débeda viva cando entraron ao goberno en 2019 e, en só catro anos, a situaron en máis de 1,2 millóns de euros sen que se notase no ámbito das infraestruturas e dos servizos públicos”.

Finalmente, os populares lamentaron o “escurantismo” do goberno local neste asunto, “xa que andan todos os días facendo propaganda de eficiencia enerxética, homenaxes varios e cuestión patrimoniais, pero nun asunto de tanta importancia para os veciños están caladiños, supoñemos que por medo a que se levante unha forte contestación social por este atraco”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí