Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP e Converxencia Galega votan en contra dunha subvención de 600.000 para o pavillón da Sangriña na Guarda

O proxecto saíu aprobado do pleno grazas ao voto de calidade do alcalde xa que se produciu un empate na votación co posicionamento favorable do equipo de goberno Socialista e dos concelleiros presentes do BNG e en contra do Partido Popular e do concelleir

O proxecto saíu aprobado do pleno grazas ao voto de calidade do alcalde xa que se produciu un empate na votación co posicionamento favorable do equipo de goberno Socialista e dos concelleiros presentes do BNG e en contra do Partido Popular e do concelleir

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Agosto de 2021

Fuente: Concello da Guarda

No pleno celebrado onte no concello da Guarda un dos puntos da orde do día era a aprobación do “proxecto de execución de reforma e ampliación do pavillón polideportivo da Sangriña”. Un proxecto cun orzamento que ascende a cantidade de 1.674.024 € e cuxa aprobación plenaria era requisito fundamental para presentalo a liña de subvencións ReacPon (Reacciona Pontevedra Provincia) da Deputación de Pontevedra, na que se financian aqueles proxectos que consigan maior puntuación segundo criterios de madurez do proxecto, contribución a unha economía descarbonizada, calidade do proxecto e consecución dos obxectivos da Axenda 2030.

O proxecto básico, que serviu de base ao que se presentou no pleno, foi redactado por técnicos da Deputación en 2019. Dende aquel momento foi presentado polo alcalde, Antonio Lomba, diante de responsables políticos da Xunta e da propia Deputación co obxectivo de buscar financiamento para o mesmo, argumentando sempre que un equipo como o Atlético Guardés de balonmán feminino necesitaba unhas instalacións máis acordes coa súa categoría, sobre todo despois de gañar a liga da División de Honra do balonmán feminino nacional en 2017. Tanto dende a Xunta como dende Deputación teñen manifestado en distintas ocasións a intención de colaborar na reforma e ampliación do pavillón, ocasión que se presenta na actualidade.

O proxecto saíu aprobado do pleno grazas ao voto de calidade do alcalde xa que se produciu un empate na votación co posicionamento favorable do equipo de goberno Socialista e dos concelleiros presentes do BNG e en contra do Partido Popular e do concelleiro de Converxencia Galega.

Para o alcalde, Antonio Lomba, resulta inexplicable que unha parte da corporación renuncie a conseguir unha subvención que pode alcanzar os 600.000 € para modernizar unhas instalacións deportivas que necesitan esta renovación. Este posicionamento non o merece o club Atl Guardés nin os veciños e veciñas da Guarda, máxime cando dende outras administracións, tanto da Xunta como Deputación, recoñecen que é necesaria esta modernización.

Segundo o alcalde, agora toca volver a falar de novo coa Xunta de Galicia para pedir que cofinancie esta actuación xunto coa Deputación e Concello, cumprindo desta maneira o compromiso que o mesmo presidente Feijoo expresou ás xogadoras e representantes do club en 2017 con motivo da recepción polo campionato de liga.

Para os que falan dun novo pavillón dicirlles que na actualidade o concello non dispón de terreos coa cualificación adecuada para a construción do mesmo, pero informar tamén que o equipo de goberno, conscientes de que hai que aproveitar as oportunidades como a que se presenta na actualidade, ven traballando dende fai anos nun Plan Especial de Infraestruturas Deportivas na zona da Sangriña, no entorno da piscina, para que no futuro, cando se presente a oportunidade de construír un novo pavillón, teñamos terreos para facelo.

Agora é momento de aproveitar a ocasión que se presenta, a de reformar e ampliar o pavillón para conseguir a renovación total do edificio, cunhas instalacións máis modernas que, entre outras cousas contemplan unha nova fachada, unha nova bancada no fondo, a creación dunha planta superior para a circulación de espectadores e acceso seguro ás gradas, unha zona para espectadores en cadeira de rodas, catro vestiarios xerais, un vestiario accesible, un vestiario para árbitros, dous núcleos xerais de aseos, tres aseos accesibles, un area de prensa, novas zonas de paso inferiores, almacéns etc. Ademais haberá unha importante mellora na accesibilidade e na eficiencia enerxética do edificio. Teremos un pavillón como A Guarda e o Atl Guardés se merece.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones