Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP nombra unha xestora no Rosal, presidida por Carlos Rodríguez Vicente

A nova xestora será a encargada de reforzar a estrutura de partido e seguir traballando para ampliar a súa posición nas parroquias e ser a voz dos veciños.

A nova xestora será a encargada de reforzar a estrutura de partido e seguir traballando para ampliar a súa posición nas parroquias e ser a voz dos veciños.

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Enero de 2022

Fuente: PP de Pontevedra

O Partido Popular deu a coñecer os nomes das persoas que integrarán a nova xestora do Rosal, que estará presidida por Carlos Rodríguez Vicente. Foi durante un acto con afiliados que se celebrou esta mañá no Centro Social Polivalente, no que participaron o presidente provincial, Alfonso Rueda, e o secretario xeral, Luis López. Rueda subliñou que “é o momento de cambios, de apostar por un novo proxecto ilusionante do que forman parte todos os afiliados e todos os veciños que se senten próximos ao noso partido, e por iso hoxe comeza a renovación do PP do Rosal”.

 

Rueda aproveitou a súa intervención para pedir unidade do partido e moito traballo ao novo equipo. “Temos por diante máis de un ano para demostrar que somos a única alternativa posible, un goberno do PP que volva a poñer O Rosal na senda do progreso”. E para iso, sinalou, “é fundamental traballar por todo aquilo que vos importa no voso concello. Hai que saír á rúa, escoitar, recoñecer con toda a humildade os erros que se puideron cometer, facer propostas e xerar confianza. Só estando na rúa, próximos aos veciños, poderemos acertar”.

 

O líder provincial puxo en valor as novas incorporacións á xestora, para que o partido continúe crecendo, pero tamén que se tivese en conta a todas as persoas que suman tanta experiencia. “Trátase de sumar xente nova, pero sen prescindir de ninguén, para conseguir un proxecto do PP no que todos os afiliados se sintan integrados e identificados”.

 

Carlos Rodríguez presentou unha xestora integrada por 10 persoas. Entre as que figura como vicepresidente o ex alcalde, Jesús María Fernández Portela, e como secretario, Javier Calvo Simois. Completan a lista sete vogais: María Carmen Alonso, voceira do grupo municipal e ex alcaldesa; Charo Tabales, concelleira; Mauro Fernández, concelleiro; Fernando Domínguez, concelleiro; Mabel Franco, concelleira; María Jesús Videira e María Ángeles Vicente. O novo presidente da xestora agradece o xesto de todas as persoas que forman parte do equipo, dispostas a sumar e dedicar o seu tempo para traballar polo Rosal.

 

O órgano, que será refrendado na próxima reunión do Comité Executivo provincial, será a encargada de reforzar a estrutura de partido e seguir traballando para ampliar a súa posición nas parroquias e ser a voz dos veciños.

 

Carlos Rodríguez Vicente ten 28 anos e é veciño do Rosal. É xogador e adestrador de balonmán, e está rematando estudos en Dereito.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí