Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP ofrece un Goberno cun proxecto propio, feito desde e para O Rosal

O presidente provincial do Partido Popular, Luis López, e a secretaria xeral, Luisa Piñeiro, acompañaron esta mañá ao candidato á alcaldía do Rosal, Carlos Rodríguez, nun paseo polo centro do concello, no que aproveitaron para explicar o proxecto dos pop

O presidente provincial do Partido Popular, Luis López, e a secretaria xeral, Luisa Piñeiro, acompañaron esta mañá ao candidato á alcaldía do Rosal, Carlos Rodríguez, nun paseo polo centro do concello, no que aproveitaron para explicar o proxecto dos pop

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Mayo de 2023

Fuente: PP do Rosal

O presidente provincial do Partido Popular, Luis López, e  a secretaria xeral, Luisa Piñeiro, acompañaron esta mañá ao candidato á alcaldía do Rosal, Carlos Rodríguez, nun paseo polo centro do concello, no que aproveitaron para explicar o proxecto dos populares para este concello.

Luis López destacou que Carlos e o PP son o Goberno que O Rosal necesita, un goberno cun proxecto propio para este concello, feito desde e para O Rosal, e que inclúe respostas aos principais problemas e prioridades que teñen os veciños, tras catro anos dun Goberno nacionalista que converteron ao Rosal nunha parroquia máis de Tomiño, con grandes deficiencias, falta de xestión e de iniciativa.

Pola súa banda, Carlos Rodríguez sinalou que o PP do Rosal inclúe no seu programas proxectos realistas que poidan xerar oportunidades para todo o municipio. Así, en materia de educación, inclúe mellorar os centros escolares e xestionar a implantación de novos ciclos formativos. Tamén aposta por facilitar á Xunta de Galicia os trámites para remodelar ou ampliar o Centro de Saúde e habilitar un aparcamento próximo, e consolidar e mellorar o servizo de axuda no fogar. A nivel cultural, comprométense a recuperar as Festas do Pilar no mes de outubro e de xullo e a Feira do libro, entre outros actos, e recuperar e ampliar as actividades que ofertaba o concello para a veciñanza. En materia de turismo, inclúen abrir e consolidar rutas e fomentar o turismo sostible, ademais de reabrir as oficinas de información. Tamén aspiran a iniciar as xestións para crear vivendas de protección oficinal neste concello e crear novos espazos verdes en diferentes lugares, así como mellorar e modernizar as infraestruturas deportivas, entre outras medidas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí