Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP pregunta a Sandra González por que non presentou o proxecto da biblioteca municipal ao Plan Hurbe da Xunta de Galicia

? Esteban González Miranda cuestiona como vai recibir Tomiño fondos do plan autonómico igual que concellos cercanos si o Goberno local non presentou ningún proxecto a esta convocatoria do plan Hurbe.

? Esteban González Miranda cuestiona como vai recibir Tomiño fondos do plan autonómico igual que concellos cercanos si o Goberno local non presentou ningún proxecto a esta convocatoria do plan Hurbe.

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Febrero de 2022

Fuente: PP de Tomiño

O Partido Popular pregunta á alcaldesa de Tomiño, Sandra González, por que non presentou o proxecto da biblioteca municipal ao plan Hurbe da Xunta de Galicia, que desde a súa posta en marcha ten investidos 150 millóns de euros en 320 actuacións, entre elas, varias bibliotecas municipais, “das que Sandra González parece estar moi pendente”.

 

O voceiro dos populares, Esteban González Miranda cuestiona “as críticas constantes da alcaldesa á falta de financiamento da Xunta coa instalación cultural, cando a realidade é que desde o Concello de Tomiño non se presentou ningunha solicitude ao Plan Hurbe”. Polo tanto, pregunta, “como vai a recibir Tomiño fondos igual que concellos cercanos si o Goberno local non presentou ningún proxecto a esta convocatoria?”.

 

Para o popular “é evidente que falta xestión do Goberno local, ou quizais o que prima é non concorrer aos plans da Xunta e poder así manter esa constante crispación co único fin de atacar á Xunta de Galicia co tema da biblioteca”. Para González Miranda é evidente que “do mesmo xeito que se presentou proxecto para concorrer á convocatoria da Deputación, tamén se puido presentar para solicitar fondos da Xunta de Galicia. Pero o certo é que non o fixeron, e agora acusan ao Goberno galego de non incluílos no seu reparto”.

 

Ademais, Esteban González afirma “si seguimos coas comparacións con outros concellos, pedimos á alcaldesa que sexa clara cos veciños e diga que os concellos, que tan pendentes está deles, asumen os gastos de mantemento da súas depuradoras municipais, mentres que no caso do Concello de Tomiño, ten o privilexio de ser un dos poucos concellos galegos nos que a Xunta asume os custes da explotación da depuradora municipal, aforrando 700 mil euros o ano, a pesar de ser unha competencia estritamente local e sen levar a diante a día de hoxe as melloras urxentes”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí