Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PP reclama ao Goberno que dea marcha atrás na Lei de Cambio Climático que pon en risco a continuidade da industria do mar

Critican que altera a duración das concesións e deixa a porta aberta a que sexa un órgano consultivo quen outorgue ou denegue as prórrogas con total discrecionalidade.

Os populares defenden o venres na Deputación unha moción en defensa dos postos de traballo da industria galega.

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Marzo de 2021

Fuente: PP de A Guarda

O Partido Popular de Pontevedra denunciou esta mañá que a Lei de Cambio Climático que o Goberno central está tramitando no Congreso pon en risco a continuidade de todo o sector mar-industria da provincia e, polo tanto, tamén dos concellos do Baixo Miño, xa que non só altera a duración das concesións, senón que tamén deixa a porta aberta a que sexa un órgano consultivo quen outorgue ou denegue as prórrogas con total discrecionalidade.

Foi na Guarda, nun acto no que participaron o voceiro do grupo do PP na Deputación, Jorge Cubela, os deputados provinciais Alejandro Lorenzo, Elena Estévez e Miguel Domínguez, e o voceiro do PP da Guarda, Roberto A. Carrero. Alí visitaron unha das instalacións afectadas pola lei, acompañados por representantes dos sectores afectados.

Amosaron a súa preocupación por unha Lei que traerá consecuencias “terribles”, que afectará a todo o sector mar-industria e, polo tanto, repercutirá no mantemento de milleiros de empregos e investimentos. “É un problema de intencionalidade política, e polo tanto a solución é de vontade política”, sinalou Jorge Cubela, que pediu aos alcaldes e deputados socialistas que presionen para que o Goberno central retire ese punto da Lei. Ademais, lamentou que o BNG “diga unha cousa en Galicia e vote outra distinta en Madrid”.

Nesta liña, indicou que “co artigo 18 desta Lei, preto de 5.000 industrias galegas poden quedar desafiuzadas nun período de 5 a 12 anos. Estamos falando de que centos de familias galegas poden quedar sen traballo pola tramitación e aprobación desta Lei, e por iso o PP se posiciona como sempre na defensa dos postos de traballo nun sector clave para o PIB galego”.

Recordou que esta Lei afecta a todas as concesións que están en terreo marítimo-terrestre, é dicir, cocedoiros, depuradoras, bateas, industria de transformación, conserveiras... Por iso, anunciou que o grupo provincial defenderá este venres no pleno da Deputación de Pontevedra os milleiros de postos de traballo na industria galega e que o Goberno central elimine este artigo tan prexudicial para os intereses da costa.

Sobre isto tamén se referiu o deputado provincial da zona do Baixo Miño, Alejandro Lorenzo. “Quen non entenda que unha depuradora, unha fábrica de conservas ou un cocedoiro ou piscifactoría teñen que estar ao lado do mar é que non coñecen Galicia. Esta Lei amosa o descoñecemento absoluto que ten o Goberno central da nosa costa”.

Ademais, Lorenzo criticou que o Goberno central intente aprobar esta Lei “tan prexudicial” para o emprego e a economía galegas nun momento tan delicado como o actual. “Coa situación tan complicada que estamos vivindo e o que queda por chegar, isto é o que faltaba. En dous artigos estamos xogándonos o futuro de moitas empresas e emprego para a comarca e para a provincia”.

Por último, Roberto A. Carrero recordou que na Guarda hai cetáreas afectadas por esta norma, pero tamén outras concesións administrativas e incluso hoteis, por iso amosou a súa “absoluta preocupación”. Así, lamentou que “non se tiveran en conta os intereses e as opinións do sector do mar”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones