Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PP vota en contra da moción presentada polo PSdG-PSOE para a mellora do servizo de electricidade no municipio de Oia

A sorpresa para os Socialistas de Oia foi cando esta moción foi votada en contra polo Partido Popular de Cristina Correa, coñecedora da situación vivida este verán por moitos dos veciños e veciñas, empresarios e empresarias do seu municipio.

A sorpresa para os Socialistas de Oia foi cando esta moción foi votada en contra polo Partido Popular de Cristina Correa, coñecedora da situación vivida este verán por moitos dos veciños e veciñas, empresarios e empresarias do seu municipio.

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Septiembre de 2022

Fuente: PSdeG-PSOE Oia

Este xoves día 29 de setembro tiña lugar unha sesión plenaria na cal, entre outros asuntos a tratar, o Grupo Municipal Socialista presentou unha moción na que se pedía a inmediata renovación de todas as infraestruturas obsoletas por parte da subministradora de electricidade no municipio.

En palabras de Gerardo Rodríguez, Secretario Xeral do PSdG-PSOE de Oia, “esta moción ven motivada ante os sucesivos cortes do subministro acaecidos nos pasados meses de xullo agosto e setembro, en pleno verán e co auxe do Camiño Portugués da Costa motivado polo ano Xacobeo, moitos establecementos de hostalaría tiveron graves perdas e mesmo tiveron que pechar por mor desta situación, coas respectivas queixas e malestar dos seus clientes.”

Falamos dun dos principais motores económicos do municipio, todos vencellados ao turismo, como son restaurantes, hoteis, albergues… entre outros. Moito máis significativo é este problema cando as eléctricas teñen subido as súas tarifas exponencialmente nos últimos tempos, polo que dende o Grupo Municipal Socialista vemos de obrigado cumprimento estas reclamacións feitas ante o pleno mediante unha moción.

A sorpresa para os Socialistas de Oia foi cando esta moción foi votada en contra polo Partido Popular de Cristina Correa, coñecedora da situación vivida este verán por moitos dos veciños e veciñas, empresarios e empresarias do seu municipio.

Para máis INRI, este mediodía, despois do pleno, o Concello de Oia remite aos medios de comunicación unha nota de prensa na que se fala dunha reunión da alcaldesa solicitando melloras á compañía subministradora de electricidade ao que Gerardo Rodríguez indica “votamos en pleno unha cousa e despois facemos completamente o contrario fora”, o que deixa en moi mal lugar á alcaldesa do PP.

Fora de partidismos e cores políticas, por riba de todo está o servizo á cidadanía e a atención ás reclamacións dos seus veciños e veciñas, cousa que neste caso, afortunadamente e grazas á moción do PSdG-PSOE, parece que conseguimos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí