Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O prazo para solicitar as axudas da ARI no Conxunto Histórico de Tui vaise ampliar

As persoas interesadas poden obter información na oficina do ARI por teléfono ou correo eléctrico

As persoas interesadas poden obter información na oficina do ARI por teléfono ou correo eléctrico

Fecha: 25 de Mayo de 2020

Fuente: Concello de Tui

O Concello de Tui vai ampliar o prazo para solicitar as axudas da ARI, Área de Rehabilitación Integral do Conxunto Histórico, que rematou inicialmente este martes, 19 de maio. Tendo en conta a declaración do estado de alarma dende o Concello decidiuse ampliar este prazo, un proceso que está agora en tramitación administrativa, co obxectivo de que poida ser maior o número de persoas propietarias de inmobles nesta zona da cidade as que se poidan beneficiar destas axudas.

Nuns días darase a coñecer o novo prazo para a presentación de solicitudes, pero mentres tanto as persoas interesadas poden ampliar información e realizar as súas consultar no correo ari@tui.gal e os martes de 9 a 14 h no teléfono 986 60 362 5 ext 34. Tamén se pode ampliar a información e descargar os impresos de solicitude en www.tui.gal/gl/axudas-na-ari .

Esta axudas están reguladas polo Plan Estatal de Vivenda a través do convenio asinado entre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Tui.

As actuacións subvencionables son as de mellora da eficiencia enerxética e sostenibilidade das vivendas unifamiliares e de tipoloxía residencial colectiva, incluídas as que se fagan no interior das súas vivendas (mellora envolvente térmica, novas instalacións...). Tamén se poden beneficiar das actuacións de conservación en xeral e de mellora da seguridade de uso e da accesibilidade. (instalación de ascensor, salvaescaleiras, ramplas, baños accesibles...). Tamén se poden beneficiar destas achegas a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, incluso no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones