Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O pregón de Carlos Pérez-Fonterosa Antón abre o sábado as Festas de San Telmo 2019

Patricia Moon presentará en concerto o seu último traballo -Rock&Love- e Pablo Méndez porá en escena a súa performance -Quimera-

Patricia Moon presentará en concerto o seu último traballo -Rock&Love- e Pablo Méndez porá en escena a súa performance -Quimera-

Fecha: 20 de Abril de 2019

Fuente: Concello de Tui

As festas de San Telmo 2019 comezan oficialmente este sábado, 20 de abril, ás 19 h no Teatro Municipal coa lectura do pregón a cargo de Carlos Pérez-Fonterosa Antón, recoñecido comerciante e filatelista de 89 anos , posuidor dunha valiosa colección filatélica sobre o Camiño de Santiago, coa que gañou varios certames e que mesmo amosou na China. Foi fundador do Grupo Filatélico e Numismático tudense, tenente de alcalde do Concello de Tui durante o mandato do alcalde Casal Aboy, e tesoureiro da Cámara de Comercio de Tui, entre outros cargos. No acto intervirá o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a nota musical correrá a cargo da Banda de Gaitas de San Xoán de Paramos.

A continuación, ás 20 h, na sala Xacobeo da Área Panorámica inauguraranse as exposicións "Surge et ambula. A memoria do Teatro Principal" e "70 anos da escultura de Rosendo Salvado". Abrirán de luns a venres de 17h a 21.30 h e o sábados, domingos e luns de San Telmo de 11.30 a 14.30 h e de 17.00 a 21.30 h.

A Banda de Gaitas de San Xoán de Paramos e os xigantes e cabezudos realizarán un pasarrúas até a praza da Inmaculada onde ás 21 h está previsto o acendido do alumeado das festas.

Ás 21.15 h na rúa Ourense Pablo Méndez Performances presenta o seu novo espectáculo "Quimera" baseado na maxia da natureza e no que se mesturan os soños e a mitoloxía. Pablo Méndez sorprende ao espectador cunha proposta moi visual a acrobática cunha coidada selección musical que cativará ao público. Esta actuación estaba prevista inicialmente no Paseo da Corredoira pero por necesidades técnicas e de capacidade para o público trasladouse cara a rúa Ourense.

Pechará a primeira noite das festas a viguesa Patricia Moon e a súa banda nun concerto presentación do seu terceiro traballo discográfico "Rock&Love" no que interpretará os temas do seu rock lunático no que mestura rock, soul, blues, música clásica... Tamén achegará algún dos temas de Amy Winehouse que forman parte do proxecto que leva a cabo xunto ao guitarrista da cantante Robin Banerjee. A cita será ás 22.30 h no Paseo da Corredoira.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí