Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PRESENTADOR PACO LODEIRO SERÁ O ENCARGADO DE CONDUCIR A REVISTA ORAL DENTRO DA PROGRAMACIÓN DA -V MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS-

Este evento, que este ano está adicado ó traballo e a profesión dos gameleiros, presenta unha programación moi variada e aberta a todos os públicos.

Este evento, que este ano está adicado ó traballo e a profesión dos gameleiros, presenta unha programación moi variada e aberta a todos os públicos.

Fecha: 24 de Julio de 2015

Fuente: www.aguarda.es

Este venres, día 24 de xullo, comeza na localidade da Guarda a "V Mostra das Tradicións Mariñeiras" organizada pola Asociación de Redeiras Atalaia e o Concello.

Este evento, que este ano está adicado ó traballo e a profesión dos gameleiros, presenta unha programación moi variada e aberta a todos os públicos.

Un dos maiores reclamos da mostra é a "Revista Oral" que terá lugar mañá ás 21 horas na carpa situada no Porto. Esta historia contada sobre ó traballo do mar e as persoas que traballan nel ou para el, terá como condutor ó presentador e humorista, recoñecido polos seus programas na TVG, Paco Lodeiro.
Neste acto haberá moitos invitados, entre os que se distinguirán por exemplo, representantes das redeiras, que falarán do traballo adicado ó mar dende a terra, Manuel Álvarez, fotógrafo do libro "Gameleiros", no se que se retratan a guardeses que traballan no mar, algún dos gameleiros presentes nese exemplar, tamén mariñeiros da localidade e Brito, quen intervirá para falar da "maseira ancorense", unha embarcación similar á gamela.

Este primeiro día, dende ás 18 horas, xa estarán abertas todas as exposicións presentes no evento. Así, tanto os veciños e veciñas da Guarda como os múltiples visitantes que pasean polo municipio estes días, poderán descubrir a historia do traxe mariñeiro na nave das redeiras, as fotografías de Manuel Álvarez da súa colección "Gameleiros" ou as de Aurora Rego, que conforman a "Familia de pescadores de ascendencia galega", expostas na carpa do Porto.
Ademais haberá unha exposición de embarcacións tradicionais nas que destacarán a gamela adaptada guardesa e a masseira ancorense. Tamén estará a mostra permanente no Museo do Mar e as exposicións na nave das redeiras das asociacións ANABAM ou CEMMA.

Durante esta primeira xornada, quen o desexe, poderá participar nos obradoiros de cerámica, cestería, nós, cordería ou encascado, que se ofrecerán na carpa, degustar diferentes produtos na taberna mariñeira ou en diferentes restaurantes do Porto.

Tanto o sábado coma o domingo, se ofrecerán na carpa diferentes xogos populares organizados por ALTEGA Educación e Lecer e haberá un mercado mariñeiro

O sábado, ademais das actividades que continúan durante toda a fin de semana, haberá, pola tarde un obradoiro de foguetes de auga. Pola noite, ás 22,30 horas, comezará o "Serán Mariñeiro" no que participarán varios grupos de folclore.

O domingo, a V Mostra das Tradicións Mariñeiras, pechará co obradoiro de cociña "Ponlle as pilas ó teu bocata", que comezará ás 19 horas e está dirixido a rapaces de entre 4 e 14 anos, e coa actuación do grupo "Pelepau", que dará comezo ás 21 horas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones