Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O presidente Alfonso Rueda encabeza a renovada candidatura do PP en Pontevedra

Incorpora un 60% de novos membros con presenza de todas as comarcas da provincia

Incorpora un 60% de novos membros con presenza de todas as comarcas da provincia

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Enero de 2024

Fuente: PP Pontevedra

O presidente da Xunta e do PP de Galicia, Alfonso Rueda, vai encabezar a renovada candidatura popular na circunscrición da provincia de Pontevedra, que incorpora un 60% de membros novos e que ten representantes de todas as comarcas pontevedresas nunha clara mostra do alto grao de implantación do Partido Popular en todo o territorio.

 

Así, entre os 22 titulares que conforman a lista do PP en Pontevedra hai once incorporacións e outros once candidatos que repiten, o que supón un 50% de renovación, pero os cinco suplentes son novidades, o que eleva a cifra de caras novas ata preto do 60%. Ademais, a candidatura presenta un absoluto equilibro de xénero con 13 mulleres e 14 homes.

 

A parte alta da candidatura, conformada polos once asentos que ten na actualidade o PP no Parlamento galego por esta circunscrición, está conformada pola empresaria viguesa Patricia García (2); a pontevedresa María Martínez (3), que ocupa a xefatura territorial de Infraestruturas e Mobilidade; e os conselleiros de Cultura e Educación, o lalinense Román Rodríguez (4), e de Sanidade, o vigués Julio García Comesaña (5).

 

Ademais, tamén acompañan a Alfonso Rueda, o voceiro parlamentario popular, o redondelán Alberto Pazos (6); o edil vilagarcián Raúl Santamaría (7); a secretaria territorial da Delegación da Xunta en Pontevedra, a viguesa Marta Mariño (8); as concelleiras de Cangas Dolores Hermelo (9) e de Sanxenxo María Deza (10); e o director xeral de Gandaría, o cerdedense José Balseiros (11).

 

“Temos na provincia de Pontevedra unha lista moi renovada e rexuvenecida, conformada por xente moi preparada, coñecida e traballadora, que representa a todos os colectivos e sectores da nosa sociedade, polo que estou moi orgulloso e satisfeito de estar tan ben acompañado para defender os intereses da nosa circunscrición e para conseguir o claro obxectivo da maioría absoluta o próximo 18 de febreiro”, manifestou Alfonso Rueda en relación á lista pontevedresa, que conta con máis dunha quincena de persoas con responsabilidades actuais ou anteriores na política municipal, “coa clara intención de dispoñer de candidatos moi apegados e coñecedores do territorio e das necesidades dos cidadáns”.

 

A candidatura completa do PP para as Eleccións Autonómicas está conformada polas seguintes persoas:

 

1.- Alfonso Rueda Valenzuela (Pontevedra)

2.- Patricia García González (Vigo)

3.- María Martínez Allegue (Pontevedra)

4.- Román Rodríguez González (Lalín)

5.- Julio García Comesaña (Vigo)

6.- Alberto Pazos Couñago (Redondela)

7.- Raúl Santamaría González (Vilagarcía de Arousa)

8.- Marta Mariño Regueiro (Vigo)

9.- María Dolores Hermelo Piñeiro (Cangas do Morrazo)

10.- María Deza Martínez (Sanxenxo)

11.- Silvestre José Balseiros Guinarte (Cerdedo-Cotobade)

12.- Miguel Fidalgo Iglesias (Vigo)

13.- Raquel Plana Pinto (Ponteareas) 

14.- María Felisa Rodríguez Carrera (Mos)

15.- Manuel Santos Costa (Marín)

16.- Moisés Rodríguez Pérez (Tui)

17.- Fernando Pérez Domínguez (Caldas de Reis)

18.- Ana Cristina Pérez Cabaleiro (Salceda de  Caselas)

19.- Ana María Iglesias Rodríguez (Baiona)

20.- Alfonso Vázquez Reboredo (Portas)

21.-  Iria María Charlín Pereira (Moaña)

22.- Guillermo Juncal Peñas (Pontevedra)

 

Suplentes:

1.- Cándido Muíños Balea (Poio)

2.- Sonia Baqueiro Abal (Soutomaior)

3.- Gonzalo Louzao Dono (A Estrada)

4.- Ana Belén Rodríguez Pino (As Neves)

5.- Nerea Porto Dopazo (Pontevedra)

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí