Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O profesorado exento de incorporarse o luns aos centros será substituído por docentes do propio centro ou por substitutos

Establécense dispensas específicas para o profesorado con doenzas ou persoas a cargo e para a súa substitución

Establécense dispensas específicas para o profesorado con doenzas ou persoas a cargo e para a súa substitución

Fecha: 23 de Mayo de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional aborda hoxe no Comité Intercentros de seguridade e saúde laboral a Resolución pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determina as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centros de ensino, cos cambios acordados na Mesa Sectorial o pasado mércores. As modificacións refírense, fundamentalmente, á inclusión de medidas específicas para o profesorado con doenzas ou con persoas a cargo, así como para a substitución deste profesorado. Así mesmo inclúense condicións especiais para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).

Unha vez sometido a este Comité, o documento, cos posibles cambios acordados, será publicado para a súa aplicación no caso de que se confirme o paso en Galicia á Fase II do Plan de desescalada do Goberno central e se poidan retomar as clases presenciais a partir do 25 de maio para segundo curso de Bacharelato e dos ciclos Medio e Superior de Formación Profesional.

Exención e substitución
A Resolución analizada hoxe no Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral inclúe a descrición dos pasos que debe seguir o persoal que está nun grupo vulnerable de risco para resultar exento de retomar as clases presenciais o vindeiro luns. Neste sentido indícase que a solicitude debe ser tramitada a través do centro educativo, que lla fará chegar á Inspección Médica Educativa da Xefatura Territorial correspondente. Mentres se realiza a tramitación, a persoa solicitante non terá a obriga de acudir presencialmente ao centro, pero si de continuar a docencia telemática.

O documento inclúe tamén a dispensa de asistencia ao centro educativo para a actividade lectiva presencial para o persoal que teña ao seu cargo menores de 12 anos ou maiores dependentes. Esta solicitude tamén debe tramitarse a través do centro educativo.

Segundo indica o documento, de producirse ausencias polos devanditos motivos, a dirección do centro poderá solicitar a presencia de calquera profesor con destino nese centro para atender as necesidades do alumnado. Unha vez esgotadas as posibilidades de dar cobertura as necesidades de atención con profesorado do propio centro, poderá solicitar a designación dun substituto.

Así mesmo a resolución especifica que as clases presenciais poderán ser retransmitidas por medios telemáticos para o alumnado que non acode ao centro educativo, preferentemente en directo coas ferramentas subministradas pola consellería e informarase ao alumnado de que a mesma non pode ser divulgada. Así mesmo, deberá colocarse a cámara de tal forma que non sexa posible a identificación do alumnado presente na aula.

Necesidades de apoio
Outros cambios introducidos refírense ás normas específicas para o alumnado con necesidades de apoio educativo. Neste caso, establécese que os departamentos de Orientación, tendo en conta o informe médico, deberán determinar as condicións do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e a procedencia da aplicación das medidas e protocolos de atención establecidos pola Consellería de Sanidade.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones