Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O programa -Coidados porta a porta- chega a Tomiño os días 4, 5 e 6 de abril

Nunha unidade móbil, que se instalará no torreiro do Alivio, prestaranse, de balde, servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria, a persoas maiores de 55 anos

Nunha unidade móbil, que se instalará no torreiro do Alivio, prestaranse, de balde, servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria, a persoas maiores de 55 anos

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Abril de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Chega a Tomiño a vindeira semana (4, 5 e 6 de abril)
o programa “Coidados Porta a Porta”, posto en marcha pola Xunta de Galicia e financiado pola Unión Europea.
Nunha unidade móbil, que se instalará no torreiro do Alivio, prestaranse, de forma gratuíta , servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria, a persoas maiores de 55 anos residentes en Tomiño, que desexen participar.

A unidade móbil dispón de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora). Para poder ser atendidas, as persoas interesadas deben solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 622 748 283.

A Consellería de Política Social organiza o programa, a través do cal, 8 vehículos, 2 por cada provincia galega, percorrerán todos os concellos da Comunidade (agás as sete grandes cidades), levando, de balde, os servizos antes mencionados para persoas do rural maiores de 55 anos.

O programa “Coidados Porta a Porta” estenderase ao longo de 2022 e 2023, visitando cada concello en 3 ocasións, cunha duración de entre 3 e 4 días cada vez.

O Departamento de Benestar que dirixe Cristina Martínez, informa que as persoas interesadas poderán acudir o luns 4 de abril de 10 a 11 horas, ao Salón de Plenos do Concello, onde o psicólogo do programa informará polo miúdo a todas as persoas que se acheguen, sobre os servizos prestados.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí