Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O programa de asesoramento tecnolóxico da deputación, smartpeme, pon en marcha outros quince obradoiros online

Entre este luns e o 17 de abril estarán dispoñibles cursos sobre ciberseguridade, tráfico web, técnicas de marketing ou xestión redes sociais

Entre este luns e o 17 de abril estarán dispoñibles cursos sobre ciberseguridade, tráfico web, técnicas de marketing ou xestión redes sociais

Fecha: 06 de Abril de 2020

Fuente: Deputación de Pontevedra

Ante a situación derivada polo COVID-19, a Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, o seu programa de asesoramento tecnolóxico, ofertará nas dúas próximas semanas ata quince novas accións formativas impartidas de xeito online.

Debido ao suspenso das actividades formativas presenciais, a Deputación está a desenvolver unha carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática empregando as ferramentas telemáticas habilitadas para o equipo de asesoras e asesores do programa (en concreto o programa de formación Moodle). As accións formativas, que contan con 10 prazas cada un, versan sobre xestión de redes sociais ou blogues, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.

Deste xeito, este luns 6 de abril, de 12:00 a 13:00 horas, terá lugar "Ciberseguridade - Por que necesito unha VPN? Configuración básica" e, de 17:00 a 18:00 horas, "Mellora o teu tráfico web promocionando as entradas do teu blogue". O martes, de 12:00 a 13:00 horas, será a quenda de "Optimización de imaxes: mellora a velocidade da túa web" e, de 17:00 a 18:00 horas, "Ciberseguridade - Por que necesito unha VPN? Configuración básica". No que respecta ao mércores, no horario habitual de mañá, de 12:00 a 13:00 horas, desenvolverase o obradoiro "Mellora o teu tráfico web promocionando as entradas do teu blogue", e no horario habitual de tarde, de 17:00 a 18:00 horas, terá lugar "Optimización de imaxes: mellora a velocidade da túa web".

A seguinte semana comeza co curso "Guía de boas prácticas para redes sociais", o luns 13 no horario habitual de mañá, e ese mesmo día no horario de tarde continua con "Copywriting aplicado a web e redes sociais". O martes, 14 de abril, pola mañá será a quenda de "Motores de reservas para empresas turísticas" e pola tarde impartirase "Así funciona Whatsapp Business". Ao día seguinte, mércores, pola mañá chega "Marketing de contidos: aprende a diferenciarte da competencia" e pola tarde "Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest". No que respecta ao xoves, "Que imaxe dou co meu Instagram?" terá lugar pola mañá, e "Técnicas de marketing para a promoción de tours, experiencias e actividades" será pola tarde. Por último, o venres 17 pola mañá levarase a cabo o curso "Copywriting aplicado a web e redes sociais".

Para inscribirse en calquera das actividades que se van desenvolver estas próximas semana só cómpre contactar a través das canles habituais de Smartpeme, podendo atopar máis información na súa páxina web (https://smartpeme.depo.gal/gl/inicio ).

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones