Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PROGRAMA GALICIA É MÚSICA ESTÉNDESE ATA FINAIS DE SETEMBRO CON 12 NOVOS CONCERTOS 1 DELES EN TUI O 30 DE SEPTEMBRO

Roi Casal, María do Ceo, Roberto Somoza, Xosé Manuel Budiño, Luar na Lubre, Niños Mutantes, Pepe Vaamonde Grupo, Cristina Pato, Nadadora, The Homes e Susana Seivane figuran nesta carteleira

Fecha: 27 de Septiembre de 2011

Fuente: Infomiño.com

A programación de ‘Galicia é Música’, que a Consellería de Cultura e Turismo desenvolve este verán no marco da celebración do Ano da Música, estenderase ata finais de setembro con 12 novos concertos en nove localidades galegas. O ciclo sumará así un total de 56 actuacións en 45 concellos a cargo de 41 recoñecidos artistas e grupos en estilos como o folk, o jazz, a canción de autor e o pop-rock, entre outros.

Roi Casal inaugurará o día 2 en Rianxo esta carteleira de setembro, que ofrece tamén os concertos de María do Ceo (día 3 en Celanova), Roberto Somoza (día 3 en Rianxo), Xosé Manuel Budiño (día 3 en Negreira e día 30 en Tui), Luar na Lubre (día 7 na Laracha), Niños Mutantes (día 7 en Pontedeume), Pepe Vaamonde Grupo (día 9 na Fonsagrada), Cristina Pato (día 17 en Vilalba), Nadadora (día 23 en Tui), The Homens (día 23 nas Pontes de García Rodríguez) e Susana Seivane (día 30, tamén nas Pontes).

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo colaboran na organización de ‘Galicia é Música’, que se desenvolve desde o pasado 10 de xuño como unha das ofertas singulares deste Ano da Música de Galicia, celebración promovida pola Xunta de Galicia como recoñecemento institucional do “carácter estratéxico e prioritario deste sector como vehículo para a promoción e divulgación da cultura, historia e da lingua de Galicia”. Atendendo ao espírito desta conmemoración, este ciclo foi deseñado co obxectivo de promover a variedade de estilos musicais que actualmente se desenvolven en Galicia, así como de favorecer o acceso de todos os cidadáns á mellor música en vivo.

‘Galicia é Música’ súmase, deste xeito, á programación musical do circuíto Camiños de Cultura e das tres redes de distribución de espectáculos da Agadic (Rede Galega de Música ao Vivo, Rede Galega de Teatros e Auditorios e Rede Galega de Salas) para configurar a máis ampla oferta escénico-musical deste verán en Galicia cun total de 766 concertos e funcións de teatro, danza, maxia e novo circo entre os meses de xuño e setembro.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones