Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O programa -vive o rio minho- pecha esta fin de semana con actividades en a Guarda e Caminha

Os roteiros ecoturísticos da Deputación volveron colgar o cartel de -prazas esgotadas- en apenas minutos

Os roteiros ecoturísticos da Deputación volveron colgar o cartel de -prazas esgotadas- en apenas minutos

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Septiembre de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

O programa de actividades ecoturísticas da Deputación ‘Vive o Rio Minho’ vai ter o seu colofón esta fin de semana cun conxunto de propostas a realizar ao longo dos  concellos de A Guarda e Caminha.  Unha vez máis, a proposta –destinada a atraer público para dar a coñecer o territorio transfronteirizo do Miño- resultou todo un éxito de acollida, xa que as prazas esgotáronse en apenas minutos.

Nesta ocasión a actividade terá dous días de duración e localizarase na desembocadura do río Miño combinando rutas de sendeirismo, observación ornitolóxica, visitas guiadas e unha visita dramatizada no castro de Santa Trega.

O primeiro día –sábado- subirase ata o alto de Santa Trega para gozar dunha visita dramatizada ao Castro e despois comer no alto namentres se aprecian as vistas da desembocadura do Miño. Pola tarde o grupo viaxará en ferry ata Caminha onde fará unha visita guiada para rematar a xornada cunha actividade de observación astronómica dende a zona do Puntal, na desembocadura do Miño.

Ao día seguinte, máis tranquilo que o anterior, realizarase unha actividade de observación de aves pola mañá (cunha pequena ruta duns 6 quilómetros aproximadamente de dificultade baixa) e un pequeno paseo e visita ás cetáreas e ao núcleo histórico da Guarda, tamén de 6 quilómetros e de dificultade baixa.

Hai que lembrar que  ‘Vive o Rio Minho’ é un programa desenvolvido dentro do proxecto ‘Visit Rio Minho’ financiado con fondos europeos do programa ‘Interreg V-A POCTEP 2014-2020’’, que pretende ofertar unha alternativa ao turismo masificado para coñecer o territorio transfronteirizo do Miño dun xeito tranquilo, seguro –seguindo protocolos sanitarios pola COVID-19-  buscando a natureza, a cultura e toda a riqueza que ofrece a contorna.

O pasado domingo, a proposta consistiu en facer caiac polo Miño e sendeirismo. Fíxose unha ruta camiñando entre a desembocadura do río Tamuxe e o porto de Goián para despois realizar o tramo inverso en caiac polo río. No caso do sábado 26 o eixo central foi o cicloturismo pola ecovía do Miño entre Valença e Vila Nova de Cerveira xunto a un pequeno percorrido cunha visita guiada polas vilas históricas de Tui e Valença.

Todas as persoas participantes no programa ‘Vive o Rio Minho’, ademais de participar gratuitamente nos roteiros ecoturísticos, recibiron un paquete de material promocional co que publicitar a marca ‘Rio Miño’. En xeral a satisfacción foi máxima tanto na organización como nas persoas asistentes, polo que queda aberta a organización dunha próxima edición aínda que non se dispoña de fondos europeos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí