Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O proxecto -máis goián- de Tomiño, exemplo do modelo Ágora da Deputación, no foro -15 minute city and health- da Universidade Politécnica de Madrid

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explicou como grazas a unha modificación do planeamento se recuperaron para uso público máis de 30.000 metros cadrados

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explicou como grazas a unha modificación do planeamento se recuperaron para uso público máis de 30.000 metros cadrados

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Octubre de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

Apenas unha semana despois de que o Concello de Tomiño recibira en Mallorca o premio da Rede de Cidades que Camiñan pola súa actuación de recuperación do espazo público de Goián, o proxecto ‘Máis Goián’ vén de recibir un novo recoñecemento a nivel estatal. Esta vez pola Universidade Politécnica de Madrid (UPM), que escolleu o caso local tomiñés como exemplo de como utilizar as ferramentas de planificación urbanística para recuperar o espazo para as persoas.

A exposición sobre ‘MÁIS Goián’ realizouse no foro ‘Foro 15-Minute City and Health’ coorganizado entre a UPM e a Asociación Española de Técnicos Urbanistas (AETU), o Ministerio de Transporte, Mobilidade Sustentable e Agenda Urbana (MITMA) e a Rede Innpulso do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, ao lado de concellos como o de Barcelona, Valladolid ou  Albacete.

Na súa exposición, o deputado de Mobilidade e espazo público e concelleiro Uxío Benítez explicou que a mellora do núcleo de Goián baseouse no modelo Ágora da Deputación de Pontevedra, que defende que o espazo público debe ser considerado como un dereito para as persoas ao mesmo nivel que a sanidade e a educación, e que as necesidades da cidadanía -e non dos vehículos- deben ser o eixo sobre o que basear todos os proxectos de mellora urbana.

De maneira concreta, Benítez  explicou que o  núcleo de Goián estaba conformado arredor dunha praza -Pintor Antonio Fernández- con moitos equipamentos nas proximidades -como a alameda, a abadía, as escolas, ou a praza de abastos-, pero que non estaban conectados entre si.

Por este motivo o Concello, seguindo os principios Ágora da Deputación, -dixo- tomou a determinación de recuperar a zona para a xente reducindo e reorganizando o tráfico existente na arteria principal e potenciando os desprazamentos peonís entre os equipamentos, así como creando novos espazos de encontro e estancia.

Benítez apuntou que dado que a maior parte dos espazos necesarios para reconectar os equipamentos entre si eran de titularidade privada e non estaban recollidos no PXOM como vías de comunicación, foi necesario artellar unha modificación do planeamento municipal. Esta modificación permitiu incorporar ao espazo público de uso da cidadanía áreas nas que as e os propietarios non exerceran os seus dereitos de construción, reordenar e crear o novo viario peonil, ampliar espazos públicos e zonas verdes e tamén dar máis metros cadrados ao colexio, así como protexer o patrimonio arquitectónico da vila, singularmente exemplos de arquitectura indiana catalogándoos como equipamento público.

Os números e o resultado, apuntou o nacionalista, “falan por si sos”: grazas á modificación puntual do PXOM puxéronse en valor 67.000 metros cadrados que antes estaban infrautilizados ou ocupados por vehículos, e adquiríronse outros 30.000 metros cadrados que eran de particulares e pasaron a ser públicos para mellorar a calidade de vida da veciñanza de Goián con novos espazos de calidade urbana.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí