Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O proxecto -Música e viño no teu Camiño- continúa co concerto de The Pretty Shirts na Guarda

O evento comezará ás 20.30 horas coa apertura da venta de viños

Rock &roll cru e directo para desfrutar cos viños das adegas Quinta de Couselo, Terras Gauda, Adegas do Vimbio e Altos de Torona

Fecha: 11 de Octubre de 2019

Fuente: Eu Rural

Segunda parada do proxecto ‘Música e Viño no Teu Camiño'. O grupo The Pretty Shirts porá a música á segunda sesión do proxecto este sábado 12 de outubro na Praza do Relón da Guarda nun evento no que o rock&roll cru e directo maridarase cos viños das adegas Quinta de Couselo, Terras Gauda, Adegas do Vimbio e Altos de Torona. O evento comezará ás 20.30 h coa apertura dos stands de venta de viño con DO Rías Baixas, no que todas as persoas asistentes poderán degustar unha copa de viño ou mercar unha botella a prezos populares. Ás 21.00 h o actor, director e guionista guardense Nani Matos será o encargado de dar a benvida ao público e dar paso ao concerto musical deste grupo da Guarda que segue a premisa orixinal do garage-rock: grandes doses de enerxía sobre o escenario.

Música e Viño no teu Camiño é unha actividade impulsada pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural beneficiaria do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. O seu obxectivo é crear puntos de encontro entre as persoas que peregrinan polo Camiño de Santiago e a poboación local dun xeito diferente e orixinal: a través de tres eventos musicais que, tras o seu paso por Redondela e este sábado pola Guarda, rematará en Tui.

Son todo concertos musicais ao aire libre e totalmente gratuítos que funcionan como eixo central dun espazo creado para fomentar as experiencias positivas arredor dos produtos do territorio, poñéndoos en valor e promocionándoos. Así, o público asistente poderá degustar viños con D.O. Rías Baixas das adegas Quinta de Couselo, Terras Gauda, Adegas do Vimbio e Altos de Torona.

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural é a entidade sen ánimo de lucro responsable da execución da Medida Leader 2014-2020 no territorio recoñecido pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia como Grupo de Desenvolvemento Rural 14 (GDR14), que abarca 13 concellos do sur da provincia de Pontevedra: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones