Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PSdeG-PSOE de Oia insta á Alcaldesa de Oia a levar adiante un Convenio ou RTP para os traballadores municipais

Dende os Socialistas de Oia consideran alegal que se destine o diñeiro dunha modificación de crédito para aboar conceptos de productividade dos empregados municipais, ao igual que o confirma un informe desfavorable de secretaría e intervención.

Dende os Socialistas de Oia consideran alegal que se destine o diñeiro dunha modificación de crédito para aboar conceptos de productividade dos empregados municipais, ao igual que o confirma un informe desfavorable de secretaría e intervención.

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Septiembre de 2023

Fuente: Socialistas de Oia

  • Dende os Socialistas de Oia consideran alegal que se destine o diñeiro dunha modificación de crédito para aboar conceptos de productividade dos empregados municipais, ao igual que o confirma un informe desfavorable de secretaría e intervención.

Este xoves día 21 de setembro celebrouse una sesión plenaria a petición da Alcaldesa de Oia para tratar, entre outros temas, os complementos retributivos de persoal laboral municipal, tamén coñecidos como conceptos de “produtividade”.

É importante por en coñecemento de todos os veciños e veciños do municipio que o Concello de Oia, non conta cunha RPT(Relación de Postos de Traballo), nin un Convenio Colectivo que regule certos aspectos do persoal laboral municipal, tampouco se atopan en trámite.

Isto provoca que se dean situación de alegalidade para aboar as cantidades que lles pertencen aos traballadores municipais, con informes desfavorables dende os departamentos de secretaría e intervención municipais, posto que o equipo de goberno do PP, encabezado por Cristina Correa, pretende realizar estes abonos aos empregados cunha modificación de crédito, algo que se evitaría se o Concello de Oia contase cun convenio Colectivo ou unha RTP.

Para o voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gerardo Rodríguez Refojos, esta situación era previsible, e malia a que xa non é algo novo, debería de terse solucionado fai xa tempo se dende o goberno de Cristina Correa se apostase por crear e levar adiante o convenio Colectivo ou unha RTP que garanta estas cuestións e evite realizar “chapuzas” a nivel económico.

O PSdeG-PSOE de Oia votou en contra neste punto da orde do día, por non contar cos informes favorables pertinentes e aclaran que, non están en contra de que os traballadores municipais cobren o que lles pertence, senón de que se faga de xeito correcto, apostando sempre pola transparencia, bo goberno e garantindo os postos de traballo dos empregados municipais, cousa que, asegura Gerardo Refojos, pasa pola aprobación dun Convenio Colectivo ou unha RPT.

Refojos insta novamente á Alcaldesa de Oia, Cristina Correa, a que faga ben as cousas, para ter que evitar problemas e polo ben dos propios traballadores municipais, que tamén teñen os seus dereitos, asegurando os postos de traballo do Concello de Oia, evitando desta forma tamén que nun futuro se marchen empregados a outras administracións, como ten acontecido en concellos veciños.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí