Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PSdeG-PSOE denuncia o silencio cómplice do secretario xeral para o deporte, Lete Lasa, diante da condena por corrupción a Louzán

Esíxelle que impulse a dimisión do aínda presidente da federación galega de futbol

Esíxelle que impulse a dimisión do aínda presidente da federación galega de futbol

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Febrero de 2021

Fuente: PSOE

A continuidade de Rafael Louzán como presidente da Real Federación Galega de Fútbol é un feito inexplicable despois de que a pasada semana se coñecera a súa condena a dous anos de prisión e 8 de inhabilitación para todo cargo público a resultas da comisión dos delitos de prevaricación e fraude durante a súa etapa á fronte da Deputación de Pontevedra. O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra considera que o silencio do secretario xeral para o Deporte, José Manuel Lete Lasa, é un auténtico escándalo, que non ven máis que a confirmar os vínculos entre o PP e o aínda máximo responsable do fútbol galego.

A Secretaría Xeral do Deporte depende directamente da Presidencia da Xunta de Galicia, polo que o Goberno galego non pode seguir “de perfil” tras unha condena xudicial por corrupción que afecta directamente ao presidente da Federación Galega de Fútbol. Ampararse exclusivamente en que a sentenza non é firme entra na máis elemental contradición co feito de que a delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, tamén condenada na mesma causa, presentou a súa dimisión inmediatamente, así como a súa solicitude de baixa no Partido Popular. Louzán non pode ser nin máis nin menos.

A Federación é unha entidade asociativa privada considerada de utilidade pública e sen ánimo de lucro que se rexe pola Lei do Deporte de Galicia e o decreto da Secretaría Xeral para o Deporte pola que se establecen as Normas de Bo Goberno das Federacións Deportivas de Galicia. Está, por tanto, tutelada pola Xunta. Manexa un orzamento anual que supera os 5 millóns de euros dos que case 1,5 millóns proceden da Federación Española de Fútbol e preto de 400.000 euros de subvencións e contratos públicos.

Os e as socialistas da provincia de Pontevedra destacan que a Federación Galega recibiu en 2020 unha subvención de 255.133 euros da Secretaría Xeral para o Deporte. Pero non quedan aí as achegas económicas da Xunta de Galicia. Así, durante o ano 2019 tamén recibiu 21.840 euros para adquisición de equipamentos deportivos, 12.000 euros para patrocinio na Copa de Campións na División de Honra Xuvenil, 18.000 euros para patrocinio do fútbol feminino e máis de 60.000 euros da Corporación  Radio e Televisión de Galicia para cesión de dereitos audiovisuais da fase de ascenso a Segunda B e do  Campionato de Liga de Terceira División.

Os estatutos da Federación Galega de Fútbol non só se rexen pola Lei Galega do Deporte, senón que se deben ser aprobados expresamente pola Xunta de Galicia antes da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. A maiores, toda determinación que afecte ás competicións ou ao réxime económico debe tamén ser expresamente autorizado pola Secretaría Xeral para o Deporte. Por se fose pouco, o presidente da Federación Galega de Fútbol ostenta a representación da Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas. Están cómodos Lete Lasa e Feijoo con Louzán representando a Galicia?

Á vista destes datos, o PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra considera inexplicable que Louzán siga a manexar diñeiro público dende o seu cargo coa compracencia do secretario xeral para o Deporte, José Manuel Lete Lasa, e, por extensión, do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. É algo imposible de explicar e máis cando se mancha deste xeito o nome dunha institución centenaria, como é a Federación Galega de Fútbol. A Federación debe ser unha institución exemplar, pois é tamén unha referencia para todas as mozas e mozos das categorías base.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí