Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PSdeG-PSOE do Rosal aproba por unanimidade a candidatura coa que se presentan ás eleccións de maio

Sometida a votación, e sen votos en contra ou obxeccións, aprobouse por unanimidade dos presentes a lista coa que os Socialistas do Rosal se presentan ás eleccións de maio de 2023.

Sometida a votación, e sen votos en contra ou obxeccións, aprobouse por unanimidade dos presentes a lista coa que os Socialistas do Rosal se presentan ás eleccións de maio de 2023.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Abril de 2023

Fuente: Socialistas do Rosal

Na xornada deste luns día 17 de abril de 2023 celebrouse na sede dos Socialistas do Rosal a Asemblea da Agrupación Local na que se levou a votación a aprobación da proposta de candidatura de cara aos comicios electorais do 28 de maio.

Nun clima de cordialidade e amizade o Candidato á Alcaldía do Rosal polo PSdeG-PSOE, José Carlos Martínez Crespo, explicou aos asistentes cales son as persoas que representarán aos Socialistas do Rosal de cara ás vindeiras eleccións,  cunha lista na que se conxuga experiencia, formación, compromiso, representación de parroquias e sobre todo, moita ilusión.

Sometida a votación, e sen votos en contra ou obxeccións, aprobouse por unanimidade dos presentes a lista coa que os Socialistas do Rosal se presentan ás eleccións de maio de 2023.

José Carlos quixo agradecer a todos os presentes nesta Asemblea a complicidade e a aposta decidida polo cambio que precisa O Rosal nestes intres, animando a todos indicando que “temos moito que facer polo Rosal” e “a nosa lista é o noso forte para chegar a toda a cidadanía do Rosal”.

O Candidato a Alcaldía do Rosal polo PSdeG-PSOE engadiu que “dende este momento, temos xa un equipo listo e preparado para representar aos Socialistas do Rosal de cara aos vindeiros comicios electorais de maio de 2023”, insistindo en que “estas eleccións son decisivas para os socialistas e para O Rosal”.

Rematou esta asemblea indicando José Carlos que “O Rosal precisa unha remuda política, novas caras e novas ideas para por O Rosal no mapa e facer da política socialista un garante de futuro para a nosa vila, xerando progreso, riqueza e cumprir as obrigas que outros non foron capaces de cumprir, cun goberno que non vai a deixar a ninguén atrás e que traballará por e para todxs xs veciñxs do Rosal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí