Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PSdeG-PSOE do Rosal presenta a candidatura coa que se presentan ás eleccións de maio

Será na xornada deste mércores día 10 de maio ás 20:30h na Sala de Exposicións nos baixos do Concello

Será na xornada deste mércores día 10 de maio ás 20:30h na Sala de Exposicións nos baixos do Concello

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Mayo de 2023

Fuente: Socialistas do Rosal

Despois de celebrada a Asemblea da Agrupación Local no pasado mes de abril, na que se levou a votación a aprobación da proposta de candidatura de cara aos comicios electorais do 28 de maio, o Candidato á Alcaldía do Rosal polo PSdeG-PSOE, José Carlos Martínez Crespo, dará a coñecer a súa candidatura ao público nun acto que terá lugar este vindeiro mércores, día 10 de maio ás 20:30h na Sala de Exposicións nos baixos do Concello.

Neste acto intervirán o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o Secretario Xeral Provincial do PSdeG-PSOE, David Regades e o candidato a Alcaldía do Rosal, José Carlos Martínez Crespo. Estarán acompañados tamén pola familia socialista da comarca do Baixo Miño.

José Carlos Martínez Crespo presentará aos asistentes cales son as persoas que representarán aos Socialistas do Rosal de cara ás vindeiras eleccións,  cunha lista na que se conxuga experiencia, formación, compromiso, representación de parroquias e sobre todo, moita ilusión.

José Carlos agradece a complicidade e a aposta decidida polo cambio que precisa O Rosal nestes intres, animando á súa candidatura indicando que “temos moito que facer polo Rosal” e “a nosa lista é o noso forte para chegar a toda a cidadanía do Rosal”.

O Candidato a Alcaldía do Rosal polo PSdeG-PSOE engadiu que “dende este momento, temos xa un equipo listo e preparado para representar aos Socialistas do Rosal de cara aos vindeiros comicios electorais de maio de 2023”, insistindo en que “estas eleccións son decisivas para os socialistas e para O Rosal”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí