Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PSdG-PSOE de Tomiño denuncia a falta de transparencia nas actuacións do goberno nacionalista

Sorprende unha modificación de créditos que suporá un suplemento de crédito de 1.000.000? que se financiará cun préstamo bancario, para sufragar, 14 anos despois, a construcción da biblioteca pública.

Sorprende unha modificación de créditos que suporá un suplemento de crédito de 1.000.000? que se financiará cun préstamo bancario, para sufragar, 14 anos despois, a construcción da biblioteca pública.

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Julio de 2021

Fuente: PSdG-PSOE Tomiño

O pasado luns, 12 de xullo, Tomiño celebrou Sesión Plenaria Ordinaria. Sorprende a opacidade do goberno do BNG ante a importancia e transcendencia dos puntos debatidos e aprobados. Entre outros, unha modificación de créditos que suporá un suplemento de crédito de 1.000.000€ que se financiará cun préstamo bancario, para sufragar, 14 anos despois,  a construcción da biblioteca pública. 

Por outra banda, foi aprobada inicialmente a  modificación puntual n° 9 do PXOM. Se cadra, sorprende máis o oscurantismo neste tema, pois está a exposición pública como corresponde, máis por ningunha canle do Concello foi publicitado, o que non deixa de ser sorprendente cando afecta a moita veciñanza.

As socialistas,  pola súa banda, levaron temas de máximo interese para a veciñanza, como a ordenanza fiscal das plusvalías. A voceira, Violeta de Santiago pregunta que é o que está a acontecer con este imposto. Veciñas están a recibir uns recibos desorbitados por herdanzas. Falamos de moitos miles de euros nesta situación actual de pandemia, pagamentos que moitas familias non poden afrontar e cun total descoñecemento sobre esta taxa municipal inxusta e desproporcionada, ao que o voceiro nacionalista resposta que os veciños deberían ter lido as ordenanzas municipais e volcou as responsabilidades nas asesorías xurídicas do Concello.

Outro asunto que as socialistas puxeron enriba da mesa é o novo trazado da autovía urbana na recta de Figueiró. 

-Preguntaron/solicitaron unha reunión cos afectados e cun técnico para a interpretación dos planos.  A calada por resposta!

-Preguntaron/ solicitaron habilitar unha oficina xurídica para favorecer que os veciños/as fagan as alegacións que estimen oportunas. A calada por resposta!

- Preguntaron si esta modificación do trazado corresponde a alegacións presentadas polo Concello de Tomiño. A respota foi:  En parte si!!

Por último, e vista a moción aprobada por unanimidade no mes de novembro, presentada polo PSdeG-PSOE, cuxas propostas foron as seguintes:

1°- Instar ao equipo de goberno que dea forma a Posibilidade de RETRANSMITIR as sesións plenarias na WEB municipal.

2°- Que se cree unha hemeroteca na que queden arquivadas as gravacións "íntegras" de todas as sesións plenarias.

3°- Que a emisión e arquivo de ditas gravacións se realicen de forma íntegra e obxectiva, sen ningún tratamento nin edición, garantizando a imparcialidade que require este exercicio de información e transparencia.

4°- Que a través dos recursos propios do Concello, se difunda entre a cidadanía esta ferramenta.

O pasado pleno por fin foi gravado, ou iso cremos, pero nin emitido, nin difundido, nin publicitado... polo que siguen a incumplir o acordado. Por qué votaron a favor si non cren na transparencia? Qué temen? A que ven ese empeño en invisibilizar e agochar a oposición, neste caso ás Concelleiras do Psdg-Psoe.?

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí