Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PSOE da Guarda forza a Carrero a reactivar a saída sur ao porto tras un ano de parálise

A moción presentada polos socialistas da Guarda foi aprobada, comprometendo ao alcalde Carrero a reactivar o proxecto da saída sur ao porto, tras un ano de estancamento.

A moción presentada polos socialistas da Guarda foi aprobada, comprometendo ao alcalde Carrero a reactivar o proxecto da saída sur ao porto, tras un ano de estancamento.

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Octubre de 2024

Fuente: PSOE A Guarda

O grupo socialista da Guarda, encabezado pola súa portavoz Fátima Rodríguez, conseguiu esta semana que o alcalde Roberto Carrero se comprometera a retomar o proxecto da saída sur ao porto, unha infraestrutura clave para o desenvolvemento do municipio, que levaba máis dun ano paralizada. Rodríguez lamentou a falta de avances, afirmando que "é incomprensible que, tras un ano de mandato, o alcalde non fixera nin un só movemento neste proxecto vital, a pesar de que o Partido Socialista lle deixou o traballo encamiñado".

Na sesión plenaria, os socialistas presentaron unha moción para esixir que Carrero reactive o proxecto, denunciando que este fora "esquecido nun caixón" desde a súa chegada ao cargo. Segundo Rodríguez, o alcalde, cando estaba na oposición, "facía promesas e críticas constantes", mais agora demostrou que "esas palabras non eran máis que demagoxia".

A moción foi aprobada, e o alcalde queda agora comprometido a poñerse a traballar inmediatamente na saída sur ao porto. Carrero deberá informar dos avances no pleno ordinario de novembro, ante a corporación municipal.

Os socialistas esperaban esta aprobación pero advirten que seguirán de preto a situación. "Non é a primeira vez que Carrero fai promesas que logo non cumpre", subliñou Rodríguez, asegurando que continuarán vixiantes para evitar que o proxecto quede novamente aparcado.

Este proxecto é considerado fundamental para a mellora da infraestrutura local, especialmente no ámbito portuario, e para o desenvolvemento económico da Guarda. A súa paralización xerou críticas pola falta de vontade política para avanzalo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí