Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O PSOE guardés denuncia as falacias do BNG en relación coa finca de Fínola

A Secretaria Xeral da Agrupación Socialista na Guarda, Montserrat Magallanes, traslada á cidadanía a felicitación porque a finca de Fínola pase a ser chan dotacional.

A Secretaria Xeral da Agrupación Socialista na Guarda, Montserrat Magallanes, traslada á cidadanía a felicitación porque a finca de Fínola pase a ser chan dotacional.

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Junio de 2022

Fuente: PSOE A Guarda

A Secretaria Xeral da Agrupación Socialista na Guarda, Montserrat Magallanes, traslada á cidadanía a felicitación porque a finca de Fínola pase a ser chan dotacional.

 

No último pleno o concello da Guarda sacaba  adiante unha proposta  do alcalde, Antonio Lomba, de modificar inicialmente  o planeamento urbanístico para calificar o chan da finca de Fínola que era chan urbano non consolidado  a  chan urbano consolidado de uso dotacional, esta proposta saíu  aprobada cos votos favorables  do PSOE e do PP, o BNG e Converxencia Galega votaron en contra.

 

Temos que indicar que o  BNG  amosa unha  absoluta incompetencia en materia urbanística, o demostraron no pasado co seu posicionamento en contra do convenio dos Xesuítas,   co seu enfrontamento  a Senda Litoral, co voto en contra da adquisición de Fínola, ou co seu rexeitamento á  proposta de ACCESO SUR ao Porto da Guarda, e o están a demostrar agora co seu voto en contra da Modificación Puntual que transforma o chan de Fínola en dotacional.

 

Mentiron  descaradamente cando dicían no 2018 “coa adquisición da finca de Fínola soamente cambia o propietario da finca, o uso vai ser o mesmo. Que vantaxe saca o pobo da Guarda? Onde había un parking, seguirá habendo un parking” Vaia se cambiou o uso, tanto que vostedes votaron en contra no último Pleno do concello da Guarda, amosando un claro cinismo político ao non ser quen de  recoñecer o seu erro no pasado. Prefiren que Fínola siga sendo un parking e desesperan ante a posibilidade de ampliar a Alameda e crear en Fínola un Auditorio, van seguir montados no mesmo carro, mentira tras mentira.

 

E no 2022 seguen mentindo, son capaces de dicir que estamos “dilapidando o patrimonio municipal”,  aínda non se enteiraron, a finca de Fínola xa é municipal, xa é propiedade de todos e de todas as guardesas, e onde antes había 0 metros cadrados de chan dotacional agora pasamos a  3.102 metros cadrados  dotacionais, toda a finca dotacional.  Dilapidar é perder oportunidades ou non crer no futuro da Guarda, seguir anclados no pasado e  oporse ante calquera iniciativa para que o pobo avance.

 

Fronte aos seus atrancos e mentiras, mais parecen que están traballando para o PP que para os seus votante, o Partido Socialista ten moi claro que  o desenvolvemento e crecemento da vila da Guarda pasa por un amplo espazo no casco urbano, unificando   a Alameda  co Centro Cultural, Fínola e integrar tamén a rúa Rosalía de Castro, para rexenerar e por en valor todo o patrimonio municipal nesa zona  e para construír un equipamento tan necesario como o auditorio.

 

O Partido socialista da Guarda aplaude o paso dado polo equipo de goberno municipal, liderado por Antonio Lomba, en relación coa Modificación Puntual 7 que converterá a finca de Fínola en dotacional. Os guardeses e guardesas son os grandes beneficiarios da compra de Fínola e da modificación puntual. Queremos chan para equipamentos, e o queremos XA!

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones