Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O PSOE guardés inaugura a súa nova sede socialista

Este venres a nova sede socialista encheuse de militantes, simpatizantes e amigos da Guarda e de toda a comarca.

Este venres a nova sede socialista encheuse de militantes, simpatizantes e amigos da Guarda e de toda a comarca.

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Julio de 2022

Fuente: PSOE A Guarda

A Agrupación Socialista Guardesa inaugurou este  venres 22 de xullo a súa nova sede na localidade. Na inauguración  os socialistas contamos cunha ampla presenza de simpatizantes e militantes da Guarda e de  toda a comarca, estiveron   compañeiros das agrupacións do Rosal, Oia e Tomiño, entre outras. Tamén contamos co arroupe     de  Leticia Gallego, Julio Torrado e Gonzalo Caballero   deputados no Parlamento Galego  e de Fini Silva, secretaria de militancia da CEP, así como  doutros compañeiros da agrupación socialista de Vigo. O secretario provincial, David Regades, non puido acompañarnos por ter  outras responsabilidades pero nos trasladou unha  fermosa mensaxe.

 

Tamén estivo na inauguración o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o exalcalde  da localidade, José Manuel Domínguez Freitas.

 

A nova sede socialista será en palabras da Secretaria Xeral da Agrupación, Montserrat Magallanes, un espazo aberto non só a militantes e simpatizantes senón tamén aberto á toda a cidadanía guardesa e ás entidades e asociacións da localidade. Un espazo para escoitar a todas as persoas que poidan ter un problema ou unha dificultade,  porque o máis importante para os   socialistas guardeses son  as persoas. E será tamén un espazo aberto a todos aqueles que queiran  trasladarnos  ideas   e participar en política, esta será a sede do debate,  da reunión, da reflexión e da xeración das boas ideas.

 

Este foi un día moi emotivo e alegre para   todos os  socialistas guardeses e todos os que  nos acompañaron,   a apertura desta nova sede significa maiores oportunidades para a  igualdade, para a cultura, para a defensa dunha sanidade pública de calidade, unha garantía  de  adopción de medidas contra o  cambio climático e para a defensa dos dereitos dos máis desfavorecidos.

 

Finalmente Montserrat Magallanes falou do futuro ao mencionar a importancia da mocidade  na participación en política e do porvir que representan e garanten os novos valores socialistas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí