Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O recoñecido músico Roi Casal pecha o verán cultural de Tomiño co concerto -Son galego, son cubano-

Sábado 27 de agosto ás 22:00h na Praza do Seixo de Tomiño. Entrada de balde

Sábado 27 de agosto ás 22:00h na Praza do Seixo de Tomiño. Entrada de balde

Fecha: 27 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O espectáculo, no que se rende homenaxe a Neira Vilas e a emigración, xa foi presentado en La Habana e varias cidades galegas

A programación cultural de verán do Concello de Tomiño "O Son da Praza", chega mañá, sábado 27 de agosto, ao seu fin co concerto "Son galego, son cubano", un proxecto musical de Roi Casal, estreado o pasado 27 de maio en La Habana, e co que agora realiza unha xira por Galicia e España. Despois de estar en Ourense, Cambados, Vila de Cruces, Moaña e Ferrol, chega mañá á praza tomiñesa do Seixo. A entrada é totalmente libre.

Acompañado por varios músicos e bailaríns, Roi Casal recordará ao autor de Memorias dun neno labrego, Neira Vilas, así coma a aportación dos emigrantes a Galicia «en momentos nos que aquí había escuridade».

En palabras do músico galego, este concerto tenta fixar un lazo íntimo entre Cuba e Galicia. Hai que lembrar que neste traballo colaboraron Pablo Milanés e Laritza Bacallao.


Nado en 1980, Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego de gran virtuosismo. Formado co mestre Rodrigo Romaní e no Conservatorio Superior de Música de Madrid, entrou a formar parte de Milladoiro, o grupo máis internacional da música galega, no ano 2000. No ano 2009 deixa o grupo e publica o seu primeiro traballo en solitario, "Lendas Douradas", que ten unha gran acollida entre a crítica e convértese no disco galego máis vendido dese ano.

En 2011 lanza "Máxicamente Vello", co que se consolida como unha das referencias da música feita hoxe en día en Galicia. Realiza durante ese ano unha xira de máis de trinta concertos e recibe varios galardóns; entre eles:

 

Premio Internacional Cubadico 2014
Premio Arousán do ano 2011
Premio Bo e Xeneroso da Fundación Eduardo Pondal 2015
Premio Xosé Neira Vilas (Asociación Fillos de lalín, La Habana
Premio Internacional Cubadico 2014
Premio Arousán do ano 2011
Premio Bo e Xeneroso da Fundación Eduardo Pondal 2015
Premio Xosé Neira Vilas (Asociación Fillos de lalín, La Habana) 2016.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones