Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Revitaliza retoma con forza a actividade escolar tras as festas levando obradoiros sobre compostaxe a cinco comarcas en só unha semana

Ata o venres persoal técnico do CEIDA estará en Vilanova de Arousa, Gondomar, Ponteareas, Moaña e Tui con rapaces de Infantil, Primaria e Secundaria e tamén con profesorado

Ata o venres persoal técnico do CEIDA estará en Vilanova de Arousa, Gondomar, Ponteareas, Moaña e Tui con rapaces de Infantil, Primaria e Secundaria e tamén con profesorado

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Enero de 2021

Fuente: Concello de Tui

Despois do parón das festas o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra inicia as actividades lúdicas en centros de ensino nunha semana coa axenda completa na que chegará a cinco comarcas: Arousa, Val Miñor, Condado, Morrazo e Baixo Miño. No día de hoxe os técnicos do CEIDA levarán os obradoiros didácticos sobre compostaxe ao CEIP Viñagarande de Deiro en Vilanova e ao CEIP Serra de Vincios de Gondomar, onde as crianzas de Infantil e de primeiro de Primaria gozarán con ‘Os bichocos e a composteca’ e co xa coñecido e reclamado ‘Xogo da miñoca’.

A semana continuará mañá martes en Ponteareas, no CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas, tamén coa rapazada de Infantil e ‘Os bichocos’, e no CEIP Serra de Vincios de Gondomar, onde lle tocará ás clases de segundo de Primaria aprender máis sobre como se produce compost cos biorresiduos.

En Moaña, o persoal técnico do CEIDA estará no IES Paralaia coa actividade ‘Quen vive aí?’ o mércores, xoves e venres para o alumnado de diferentes cursos de primeiro da ESO e de Bacharelato. O xoves tamén haberá actividade no CEIP nº1 de Tui, con formación da ANPA e o profesorado.

Tal e como aconteceu no primeiro trimestre do curso todas as actividades didácticas sobre compostaxe están adaptadas ao ‘momento Covid-19’, reducindo o número de persoas participantes, mantendo a distancia física e as medidas sanitarias correspondentes co fin de evitar os posibles contaxios dentro do ámbito educativo.

As actividades dispoñibles para os centros de ensino poden consultarse na web revitaliza.depo.gal, e consisten fundamentalmente en propostas presenciais “atractivas” para o alumnado a pesares da pandemia. A grandes liñas mantense o perfil dos obradoiros do curso pasado, pero sendo aínda máis demostrativos e sen movementos e interaccións entre as e os participantes, dividindo os grupos noutros mais pequenos no caso de ser necesario, e ampliando o número de persoal de monitorado, cunha proposta personalizada tanto na duración, número de participantes, espazos a empregar e circunstancias de cada centro.

O interese polo programa Revitaliza nos centros de ensino está claramente ‘in crescendo’. As actividades para escolares chegaron no ano 2020 a máis de 8.000 escolares, unha cifra considerada como todo un éxito por parte da Deputación xa que, ademais, aumenta ao contabilizar os datos por cursos escolares: no 2019-2020 celebráronse 420 obradoiros para 9.628 crianzas -a pesares de que o terceiro trimestre non foi operativo-, e só no primeiro trimeste do vixente curso  contabilizáronse 2.055 nenos e nenas en 138 actividades.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí