Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O río miño, elixido como un dos dez destinos turísticos de Portugal favoritos das e dos lectores de the guardian

O AECT Rio Minho destaca as potencialidades de futuro para o territorio transfronteirizo ao crear un destino de natureza que aproveite a complementariedade dos recursos galegos e lusos

O AECT Rio Minho destaca as potencialidades de futuro para o territorio transfronteirizo ao crear un destino de natureza que aproveite a complementariedade dos recursos galegos e lusos

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Junio de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Río Miño e a súa contorna vén de ser elixido na edición internacional do xornal The Guardian como un dos dez mellores destinos turísticos dentro de Portugal polas características dos seus espazos naturais, os deportes de aventura, sendas e ecovías, zonas de campismo, as súas augas termais e a súa gastronomía.  

 

Así o reflexaron as e os lectores da publicación británica nun listado dos ‘top 10’ destinos do país veciño. Esta selección feita polo público potencial do territorio miñoto debe abrir os ollos, segundo o vicedirector do AECT Río Miño Uxío Benítez,  a todos os concellos do territorio transfronteirizo, tanto galegos coma portugueses, para ver as potencialidades de ollar turisticamente cara o río, crear un destino internacional conxunto e aproveitar os recursos dunha e doutra beira de maneira conxunta. “O río Miño é un recurso conxunto. Temos que ver a oportunidade que temos diante para atraer turismo a unha zona común que é atractiva pola súa singularidade natural. É fundamental apostar pola marca conxunta Rio Minho”, subliñou.

 

Para Benítez hai que poñer en valor a complemetariedade entre ambas beiras, lembrando todas as actividades dispoñibles e que se están a desenvolver nos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra, As Neves, Arbo, Crecente, Caminha, Cerveira, Valença, Monçao e Melgaço.

 

Benítez destacou que é preciso posicionarse globalmente como un destino turístico transfronteirizo natural de calidade dentro dun mercado internacional no que, tal e como mencionaron a semana pasada as persoas participantes no famtrip que pretendía dar a coñecer o territorio como destino turístico – entre operadores e axencias de viaxes-, o público está a buscar experiencias singulares, exclusivas e naturais en contenxtos non masificados.

 

O nacionalista lembra que o AECT está a traballar no desenvolvemento da marca Río Miño baixo os lemas ‘dous países un destino’ e ‘dous países, un destino, grandes experiencias’. Subliñou que se trata dun traballo estratéxico no que se afondará de maneira prioritaria nos vindeiros anos buscando fórmulas de financiamento tanto a nivel europeo, estatal, autonómico como por medio doutras vías.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí