Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal acolle esta fin de semana a XXV Feira do Viño

Este venres terá lugar o acto de inauguración ás 20:00h

Este venres terá lugar o acto de inauguración ás 20:00h

Fecha: 15 de Julio de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

Dende fai días a Praza do Calvario no Rosal estáse a preparar para recibir dende o vindeiro venres a XXV edición da Feira do Viño do Rosal, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Este ano celebramos a XXV Feira do Viño do Rosal, os días 14, 15 e 16 de xullo na Praza do Calvario que unha vez máis reúne a numerosas empresas vitícolas xa consolidadas e outras máis novas en período de crecemento. Esta feira ten un dobre obxectivo de promoción empresarial, por un lado, e de promoción turística, por outro.


A feira que está consolidada recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.


A Inauguración levarase a cabo o venres 14, ás 20:00 horas, na Praza do Calvario.


A persoa encargada de inaugurar a Feira será o Presidente do Consello Superior de Deportes, D. Jose Ramón Lete Lasa.


Pola súa banda, o encargado de facer o pregón este ano será a bodegueira Rosa Ruíz Puga.


Este ano con motivo da XXV edición dende a organización quixemos darlle un novo impulso a feira invertindo, un pouco máis se cabe, en diferentes aspectos da feira como son:

• Realización de programas de man.
• Colocación de varias vallas publicitarias, banderolas, lonas, carteis por todo o baixo miño e valmiñor.
• Importante inversión na ambientación musical e iluminación da feira.
• Renovación do eido musical. (Música tradicional galega a mediodía e música dos 80's e 90's pola tarde-noite)
• Introducción de novas actividades como o monólogo do sábado pola tarde.
• Mención especial a exposición de carteis das XXV edicións da feira do viño do Rosal e os 1.500 cataviños serigrafiados para a ocasión.
• Ampliación do servizo de bus á feira dente Baiona e Tui sumándo se o da Guarda.
• Novas incorporacións (stand de Cazapitas)

 

Este venres terá lugar o acto de inauguración ás 20:00h

 

PROGRAMACIÓN FEIRA DO VIÑO 2017

Venres, 14 de xullo de 2017

20.00 Inauguración a cargo do Presidente del Consejo Superior de Deportes, D. José Ramón Lete Lasa.
20.10 Pregón a cargo da bodegueira Rosa Ruíz Puga
20.30 Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal
23.00 Actuación musical a cargo de "Terapia de Grupo" (Ver entrevista )
02:00 Peche da Feira

Sábado, 15 de xullo de 2017

11:00 Carreira de nenos
13:30 Grupo de música tradicional galega "Grupo de Gaitas Airiños do Folón"
20:00 Monólogo no auditorio a cargo dun dos cómicos máis coñecidos do panorama galego, de Pepo Suevos, monólogo onde relacionará o deporte co viño do Rosal. Nota: A organización da 10K O Rosal informa de que se CANCELA o monólogo de PEPO SUEVOS que tiña lugar o sábado 15 de xullo ás 20.00 horas no Auditorio Municipal do Rosal.
23.00 Actuación musical a cargo do grupo "San Rockers"
02:00 Peche da Feira

Domingo, 16 de xullo de 2017

10:00 Andaina 10k
11:00 Carreira 10K
13:30 Grupo de tradicional galega "O Trebón dos Xidos"
18:30 Actuación musical a cargo do grupo "La Patrulla"
24:00 Clausura da Feira

 


 

EXPOSICIÓNS

EXPOSICIÓNS do 14 ao 25 de xullo na Sala de Exposicións do Concello e local anexo.

HORARIO:
De luns a venres: de 11:00 a 13:00 horas
Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:00 e de 20 a 22 horas.

 

Mostras de Escultura, Pintura, Fotografía e Carteis anunciadores destes XXV anos de Feira

 

 

Mostras de Escultura, Pintura, Fotografía e Carteis anunciadores destes XXV anos de Feira.

XIV Mostra Numismática e Filatélica do Grupo "Val do Rosal" que este ano en conmemoración da XXV edición da feira do viño editaron un matasellos e selos para a ocasión. 

 

SERVIZO DE TRANSPORTE Á FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

Unha das novidades desta XXV edición é a ampliación do servizo de transporte entre O Rosal, Baiona e Tui, ademais do da Guarda que xa se viña realizando dende hai anos. O prezo oscilará entre 1€ e 2€ dependendo do traxecto.

Horarios servicio de autobus Feira do Viño do Rosal 2017Salidas desde A Guarda, Tui y Baiona

Stands: 10 adegas, 1 de produtos vexetais, 1 de froitos do Rosal concretamente do Mirabel produto único na nosa zona, 1 obrador, 1 destilería e Consello Regulador da D.O. Rías Baixas.

  1. Pedregales
  2. Gaudila
  3. Altos de Torona
  4. Gran Novás
  5. Quinta Couselo
  6. Santiago Ruiz
  7. Lagar de Cervera
  8. Valmiñor
  9. Terras Gauda
  10. A Rosaleira; productos vexetais envasados.
  11. Ginabelle
  12. Pazo Valdomiño
  13. Cazapitas
  14. Rosabeles
  15. Mirabel do Rosal - Cervexa Mirabel Alén do Val
  16. Consello Regulador e Ruta do Viño Rias Baixas

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones