Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal acolle esta fin de semana a XXVII Feira do Viño

Do 12 ao 14 de xullo na Praza do Calvario do Rosal

Do 12 ao 14 de xullo na Praza do Calvario do Rosal

Fecha: 13 de Julio de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

Este ano celebramos a XXVII Feira do Viño do Rosal, que unha vez máis reúne na Praza do Calvario a numerosas empresas vitícolas.

Celebrarase os días 12, 13 e 14 de xullo na Praza do Calvario reunindo á maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal.

A feira do viño, que está xa consolidada, recibe anualmente milleiros de visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.

A Inauguración levarase a cabo o venres 12, ás 20:00 horas, na Praza do Calvario. Estamos pendente de confirmar a persoa encargada de facer o acto de inauguración da feira.
Pola outra banda, o encargado de facer o pregón este ano xestíonase a través da Confraría dos Cabaqueiros do Viño do Rosal e estamos pendentes tamén de confirmalo.
En canto teñamos confirmadas ámbalas dúas cousas informarémosvos.
A feira do viño do Rosal consolídase un ano máis cun dobre obxectivo;
promoción empresarial, por un lado, e de promoción turística, por outro. 
 
PROGRAMA
Venres, 12 de xullo
13.30 Cata comentada de viños do Rosal (previa inscrición)
20.00 Inauguración
20.10 Pregón
20.20 Presentación Confraría Cabaqueiros do Viño do Rosal, nombramento cofrades e entrega de insignias.
20.30 Visita ós expositores, exposicións e degustación de viños do Rosal
23.00 Actuación musical a cargo de "Pros&Ma"
02:00 Peche da Feira
Sábado, 13 de xullo
11:00 Carreira de nenos (previa inscrición)
12:00 Obradoiro de cociña para nenos de 5 a 12 anos (previa inscrición)
13:30 Grupo de música tradicional galega "Grupo de Gaitas Airiños do Folón"
19.30: Obradoiro de elaboración artesanal de tellas (previa inscrición)
20:30 Showcooking diante do concello.
23.00 Actuación musical a cargo do grupo "Terapia de Grupo"
02:00 Peche da Feira
Domingo, 14 de xullo
10:00 Andaina 10k (previa inscrición)
11:00 Carreira 10K (previa inscrición)
13:30 Actuación das "Pandereteiras Tremelique".
18:30 Actuación musical a cargo do grupo "Tonichi e Pacheco"
24:00 Clausura da Feira 
 
Un ano máis contaremos co servizo de transporte entre O Rosal e Tui ademais do da Guarda que xa se viña realizando dende hai anos. O prezo oscilará entre 1€ e 2€ dependendo do traxecto. 
 
En canto ós participantes da feira son:
1. Pedregales
2. Gaudila
3. Altos de Torona
4. Gran Novás
5. Quinta Couselo
6. Santiago Ruiz
7. Lagar de Cervera
8. Valmiñor
9. Terras Gauda
10. O Aforado
11. A Rosaleira; productos vexetais envasados.
12. Ginabelle
13. Pazo Valdomiño
14. Consello Regulador e Ruta do Viño Rias Baixas
 
EXPOSICIÓNS do 12 ao 28 de xullo na Sala de Exposicións do Concello e local anexo.
HORARIO:
De luns a venres: de 11:00 a 13:00 horas
Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:00 e de 20 a 22 horas
· EXPOSICIÓN DE PINTURA A CARGO DE SOKY
· EXPOSICIÓN DE ESCULTURA DE ROGELIO FORTES
· COLECTIVA DO GRUPO FILATÉLICO E NUMISMÁTICO VAL DO ROSAL, XXVI EDICIÓN NO QUE PRESENTARÁN O SEU MATASELLOS CONMEMORATIVO QUE ESTE ANO REPRESENTA A VARIEDADE DE CAÍÑO BRANCO. 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones