Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal agradece a colaboración e compromiso amosados pola delegada territorial da Xunta

Sanidade, infraestruturas e seguridade vial, dependencia e transporte público centraron a primeira xuntanza de traballo entre a alcaldesa, Ánxela Fernández, e Luisa Piñeiro

Sanidade, infraestruturas e seguridade vial, dependencia e transporte público centraron a primeira xuntanza de traballo entre a alcaldesa, Ánxela Fernández, e Luisa Piñeiro

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Noviembre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e membros do goberno local mantiveron esta mañá a primeira visita institucional coa delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, na que se expuxeron as peticións e demandas da veciñanza con respecto ao executivo autonómico. Luisa Piñeiro garantiu a colaboración da Xunta co concello rosaleiro e comprometeuse a realizar de inmediato as primeiras xestións sobre os temas máis urxentes e a manter un contacto periódico coo Concello do Rosal.

Durante a reunión, o goberno local trasladou á delegada territorial as solicitudes de investimentos e actuacións relacionadas co eido sanitario, con infraestruturas e seguridade vial, con dependencia e servizos sociais e co transporte de viaxeiros.

Así, analizouse a posibilidade de acometer unha senda peonil e a mellora da estrada PO-353, xa que no seu día fíxose o primeiro treito e quedan por acometer outros dous na contorna de Novás e Fornelos. Tamén se avaliou a posibilidade de incrementar os fondos para dependencia, aínda que esa cuestión depende da transferencia de recursos do Goberno Central, e o reforzo das frecuencias de bus en quenda de mañá para a conexión coa bisbarra polas localidades da Guarda e Tomiño e tamén con Vigo por cuestións hospitalarias.

A alcaldesa agradeceu a visita da delegada territorial e valorou o seu coñecemento do mundo municipal tras ser rexedora de Moraña durante unha década e a representante autonómica anunciou un seguimento constante dos proxectos de interese para O Rosal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí