Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal Cámara Fest remata por todo o alto este sábado ás 22.00 horas na praza do Calvario

A entrada para a actuación da banda da Agrupación Musical do Rosal e de Big Band AMdoR é de balde e pode reservarse na web do Concello

A entrada para a actuación da banda da Agrupación Musical do Rosal e de Big Band AMdoR é de balde e pode reservarse na web do Concello

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Agosto de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

A II edición de O Rosal Cámara Fest rematará por todo o alto o próximo sábado ás 22.00 horas na praza do Calvario. A banda da Agrupación Musical do Rosal, organizadora do festival, e Big Band AMdoR tocarán as últimas notas dun ciclo que musicou todas as parroquias do municipio con 12 concertos. A entrada é de balde e pode  reservarse na web do Concello, ademais, durante o espectáculo, haberá un sorteo onde se repartirán vales de compra nos comercios da Asociación de Comerciantes do Rosal.

A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca que “no Concello estamos encantados coa boa acollida dun festival tan ben organizado”, e pon en valor o importante que é “para O Rosal”, que “a música sexa accesible a toda a veciñanza e valorice cos seus ritmos todos os nosos espazos”. “Non podemos deixar de agradecer o traballo da Agrupación para organizar este festival”, concluíu.

No Concello destacan que a II edición remata este sábado, pero que o festival “chegou para quedarse e darlle unha nova vitalidade ás nosas rúas e á propia agrupación”.  O Cámara Fest naceu o verán pasado como unha adaptación do festival de Músicos Xoves que se viña celebrando cada ano. Por mor da COVID era imposible xuntar nun mesmo espazo aos máis de 70 compoñentes da banda, polo que a Agrupación decidiu modificar o formato ofrecendo concertos por ensembles instrumentais que levan o nome de persoas destacadas da entidade, como Pepe Alfonso, ou Suso González.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí