Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal camiña cara a eficiencia enerxética

O goberno municipal adxudica un contrato para a redacción dunha auditoría enerxética que avalíe a situación do municipio

O goberno municipal adxudica un contrato para a redacción dunha auditoría enerxética que avalíe a situación do municipio

Fecha: 12 de Agosto de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal deu esta semana o primeiro paso dun plan estratéxico que procurará camiñar cara un modelo de consumo enerxético sostible, eficiente e comprometido co medio ambiente. Trátase da adxudicación dun contrato para a redacción dunha auditoría enerxética co que coñecer o estado actual do municipio, tanto no consumo da iluminación pública exterior coma no conxunto das instalacións municipais, co obxectivo de establecer un conxunto de reformas e melloras encamiñadas a facer un uso racional da enerxía.

A auditoría terá un custo total de 16.552,80 euros, aportados nun 50% pola Consellería de Presidencia ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, sendo o outro 50% provinte de fondos propios do concello.

A auditoría representa un primeiro paso dunha estratexia planificada, a medio e longo prazo, para mudar por completo o consumo enerxético do concello, e que precederá a elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) co fin de establecer un modelo de consumo eficiente e sustentable. Este plan está encadrado no denominado "Pacto dos Alcaldes e Alcaldesas polo Clima e a Enerxía", ao que está adherido o Concello do Rosal, un movemento no que se agrupan milleiros de gobernos locais que se comprometen a afrontar retos coma o cambio climático, a enerxía sostible e que pretende garantir un entorno estable dende o punto de vista económico, social e medioambiental para as xeracións actuais e futuras.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, sinala a importancia desta acción non como unha medida para o presente senón como unha aposta para o futuro. "A idea non é pedir unha subvención para repoñer ou mudar algunhas luces, senón para mudar o sistema por completo de forma estratéxica e planificada, e isto non se debe só a criterios de eficiencia económica e de consumo senón tamén a criterios éticos e de compromiso co medio ambiente", sinala a rexedora.

Esta aposta decidida por un sistema enerxético responsable e sustentable pretende tamén acompañar as políticas ditadas pola Unión Europea en materia de lexislación medioambiental e enerxética, e axudarán a mellorar a posición do concello en previsión de escenarios futuros nos que as esixencias teñan un carácter máis restritivo.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones