Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal celebra as súas primeiras Xornadas de Cine

A Abadía das Eiras acollerá o 17 e 18 de setembro a proxección de cinco creacións audiovisuais que non se soen atopar nos circuítos habituais

A Abadía das Eiras acollerá o 17 e 18 de setembro a proxección de cinco creacións audiovisuais que non se soen atopar nos circuítos habituais

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

O Rosal acollerá os vindeiros venres 17 e sábado 18 de setembro as súas primeiras Xornadas de Cine. Un proxecto que naceu a proposta de Xoán Gándara e que está organizado por el mesmo e pola Concellería de Cultura que ten por obxectivo achegar ao público rosaleiro unha oferta cinematográfica difícil de atopar nos circuítos habituais. Ademais, a iniciativa conta tamén coa colaboración de dous realizadores vinculados por motivos persoais e familiares ás Eiras, como son Sonia Méndez, directora do documental ‘A poeta analfabeta’, e Gon Caride, que ven de obter dous premios pola súa película ‘Deux Options’ na última edición do Festival de Cans.

Nesta primeira edición proxectaranse dous documentais e tres curtametraxes creados por realizadoras e realizadores galegos, como a viguesa Noemí Chantada, a guardesa Arancha Brandón, o tudense Víctor Coyote, a propia Sonia Méndez e o Grupo San Roquiño, de Goián. Todas e todos eles estarán presentes na proxección dos seus traballos, o que vai permitir aos asistentes participar nun coloquio no que se poderá falar sobre os filmes en particular ou sobre o cine galego en xeral.

O programa arrancará o venres 17 ás 20.30 horas coa proxección da curta do Grupo San Roquiño ‘O Coidado Nato’ e ‘A Poeta Analfabeta’, dirixida por Sonia Méndez. Xa o sábado 18, a partir das 20.30 horas poderá verse ‘A Typical Morning’, unha curta dirixida por Arancha Brandón; ‘Xoves de Comadres’, de Noemí Chantada); e ‘Os Traballadores do Contrabando’, un documental de Víctor Coyote.

As proxeccións terán lugar nos xardíns da Abadía das Eiras con entrada gratuíta ata completar aforo. En caso de chuvia, a actividade trasladarase ao Auditorio Municipal. Dende a organización destas I Xornadas de Cine do Rosal quérese facer un agradecemento especialmente aos propietarios da casa rural da Adabía das Eiras “pola súa disposición e facer posible a celebración destas primeiras xornadas neste fermoso espazo”, como salientou o concelleiro de Cultura, Carlos Villanueva.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí