Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal: Celebra connosco o Día do Libro dende a casa

O Concello publicará vídeos con contacontos e audios de fragmentos escollidos e anima á veciñanza a participar na recomendación de libros

O Concello publicará vídeos con contacontos e audios de fragmentos escollidos e anima á veciñanza a participar na recomendación de libros

Fecha: 23 de Abril de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Este ano o Concello do Rosal invita a toda a veciñanza a celebrar o vindeiro 23 de abril un Día do Libro dun xeito diferente e virtual, cunha programación especial que poderá seguirse a través da web do Concello (https://portal.concellodorosal.es ) e dos seus perfís das redes sociais. Unha nova xornada que todos e todas debemos pasar en confinamento pero que queremos facer máis levadía dándolle un protagonismo especial aos libros, tanto para nenos e nenas como para adultos.

Programación especial
A programación arranca cunha proposta interactiva na que se invita a toda a veciñanza a facer recomendacións de libros, unha iniciativa aberta a todos os públicos coa que se creará unha selección dos libros que máis gustan aos rosaleiros e rosaleiras que compartir con toda a veciñanza e a través da que se poden descubrir novas lecturas. Como participar? Soamente hai que enviar un correo electrónico a cultura@concellodorosal.es indicando no asunto ‘Día do Libro' e facendo no corpo da mensaxe a recomendación seguindo o seguinte exemplo:

- Título do libro: "O único que queda é o amor"
- Autor/a: Agustín Fernández Paz
- Frase favorita do libro ou motivo polo que se recomenda: "Todas as experiencias quedan sepultadas na memoria, todas, agardando o instante en que poidan saír á superficie".
- Foto do libro (opcional): envía unha imaxe do libro se o tes en papel.
O prazo de participación remata o mércores 22 de abril ás 12.00 h.
Todas as propostas recibidas serán publicadas na páxina web e no Facebook do Concello.

Ademais, o Día do Libro os máis pequenos e pequenas da casa poderán desfrutar dos vídeos con contacontos que as mestras e profesoras Miriam Diego, Sandra González Diego, Natalia Cerqueira e Ana Chamosa interpretarán para eles. Mentres, para as persoas adultas publicaranse audios con fragmentos escollidos de libros que serán lidos por Moncho Leal, mestre xubilado; por María Alonso Seisdedos, Premio Nacional de Tradución; por Benito Lobariñas, mestre e músico regueifeiro; e por Ana Chamosa, profesora de secundaria.

Dende o Concello queremos agradecer a colaboración desinteresada de todas as persoas que participan neste proxecto, iniciativas culturais tan necesarias nestes intres.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones