Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

O Rosal celebra este domingo a súa III Feira do mirabel

Desde as 10.00 da mañá ata as 22.00 da noite haberá servizo de cafetería e bar, degustación de mirabeis e poderase coñecer de primeira man os produtos elaborados coa froita

Desde as 10.00 da mañá ata as 22.00 da noite haberá servizo de cafetería e bar, degustación de mirabeis e poderase coñecer de primeira man os produtos elaborados coa froita

Fecha: 03 de Agosto de 2019

Fuente: Concello do Rosal

Programación III Feira do Mirabel, que terá lugar no Mercado de San Miguel o vindeiro 4 de agosto durante todo o día.

Desde as 9.30 h que dará inicio a ANDAINA "SAN MIGUEL-AS ACEÑAS" con saída do Mercado de San Miguel, os asistentes poderán facer un percorrido que inclúe visita a fincas de mirabeis e degustación da froita na Escola de Hostelería "O Rolete". Finalizará no punto de inicio onde se sortearán uns lotes de mirabeis e menús para degustar na feira entre as persoas participantes. Para participar na andaina é preciso inscribirse nas oficinas do Concello. Prezo: 5€. Dificultade baixa.
Ás 12:00 h dará inicio a PRESENTACIÓN E APERTURA DA III FEIRA DO MIRABEL
Entrega dos premios aos concursantes gañadores do CONCURSO FOTOGRÁFICO "O MIRABEL DO ROSAL" e degustación de mirabeis e produtos derivados da froita. Todo acompañado de música tradicional galega coa actuación de TREMELIQUE.
Ás 13.00 h. MOSTRA DE ELABORACIÓN DE CÓCTELES con produtos de mirabel
Ás 14:00 h. XANTAR no entorno da feira cun menú popular de 16 euros elaborado por O Rolete: Empanada, codillo con guarnición, postre de mirabel, bebida e café. Venta de vales para as comidas, no estanco O Rosal e no Rolete. Con cada menú entregarase un número para un sorteo de produtos ao final da feira. Pola tarde, despois da comida, seguirá a festa co sorteo de produtos.
Ás 17.00 h. será o III CONCURSO DE BIZCOCHO DE MIRABEL, e ás 18.30 dará comenzo o CONCURSO DE MISS E MISTER MIRABEL con diferentes categorías infantil, xuvenil e adulto.
Ás 21.30 h. actuará con MÚSICA EN DIRECTO ALBERTO CUNHA dentro dun programa que inclúe gastronomía, cultura, música e animación durante todo o día.

Desde as 10.00 da mañá ata as 22.00 da noite haberá servizo de cafetería e bar, degustación de mirabeis e poderase coñecer de primeira man os produtos elaborados coa froita xa que estarán expostos no propio Mercado os stands de exhibición e venda de produtos.

Así mesmo as fotografías participantes no Concurso Fotográfico exporanse no interior do Mercado e durante todo o día haberá animación para os máis pequenos.
Ainda hai tempo para anotarse tanto á andaina, como no concurso de bizcochos e nos certames de miss e mister mirabel. As bases e inscricións para participar en todos os eventos poderán consultarse e realizaranse no comercio local.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí