Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal celebra o Día das Letras Galegas dun xeito diferente e virtual

Unha das actividades será -Un lema para a nosa lingua-, unha proposta coa que se invita a toda a veciñanza a enviar frases para potenciar o uso da lingua que se plasmarán en bolsas de papel que se repartirán nos comercios rosaleiros

Unha das actividades será -Un lema para a nosa lingua-, unha proposta coa que se invita a toda a veciñanza a enviar frases para potenciar o uso da lingua que se plasmarán en bolsas de papel que se repartirán nos comercios rosaleiros

Fecha: 17 de Mayo de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Este ano o Concello do Rosal convida a toda a veciñanza a celebrar o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, dun xeito diferente e virtual cunha programación que poderá seguirse a través da web municipal e dos perfís do Concello nas redes sociais. Serán cinco actividades culturais, lúdicas e de lecer coas que se procura non só render homenaxe ao escritor deste ano, Ricardo Carvalho Calero, senón tamén potenciar o uso da lingua galega entre todos e todas.

A primeira proposta será ‘Un lema para a nosa lingua', unha actividade que busca a implicación de toda a veciñanza para a celebración desta data tan sinalada. O obxectivo desta iniciativa é que os rosaleiros e rosaleiras envíen lemas ou frases que exalten ou potencien o uso do idioma de un máximo de 10 palabras. As mellores frases a prol do galego imprimiranse en bolsas de papel que se repartirán entre a veciñanza no mercado, no supermercado e no comercio local o sábado 16 de maio.

Todas as persoas interesadas en participar deberán enviar a súa proposta dende hoxe ata o vindeiro venres 8 de maio a cultura@concellodorosal.gal poñendo no asunto ‘Un lema para a nosa lingua' e indicando nome e apelidos da persoa que propón o lema. O envío das frases suporá a aceptación das bases da actividade e a cesión dos dereitos ao Concello do Rosal para publicalas na páxina web e nas redes sociais do Concello xunto co nome do seu autor ou autora ou para arquivala na súa base de datos.

Unha morea de actividades
Esta non será a única actividade para conmemorar o Día das Letras Galegas. Este ano Concello e Agrupación Musical do Rosal colaboran para poñerlle banda sonora a esta data: dende primeiros de maio, o Concello publica cada día un vídeo con pequenas actuacións protagonizadas por membros da agrupación, diferentes instrumentos e melodías cos que poñer a nota musical a un mes dedicado ás Letras Galegas e a Ricardo Carvalho Calero. Esta actividade rematará cun concerto virtual de toda a agrupación o 17 de maio.

Por outro lado tamén se irán publicando vídeos coa lectura de poemas de Carvalho Calero por parte de persoas ligadas ao asociacionismo do Rosal, organizarase unha mostra de fotografías para a que tamén se buscará a colaboración de toda a veciñanza e o escultor Marcos Escudero deleitará aos rosaleiros e rosaleiras cun vídeo sobre o conto de Carvalho Calero ‘As pitas e a choiva', que contará con música interpretada por músicos da Agrupación Musical do Rosal.

Dende o Concello queremos agradecer de antemán a colaboración de todas as persoas que están xa a traballar para poder facer un Día das Letras Galegas moi especial e participativo, así como de toda a veciñanza que envíe as súas propostas para as diferentes actividades.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones