Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal celebra un fin de semana de cultura con música e teatro no Auditorio Municipal

O Rosal ofrece unha fin de semana chea de cultura e emoción co Concerto de Outono polo 21º aniversario da Coral da Agrupación Musical do Rosal e coa representación teatral -Retrincos de Castelao-, dous eventos abertos a toda a veciñanza.

O Rosal ofrece unha fin de semana chea de cultura e emoción co Concerto de Outono polo 21º aniversario da Coral da Agrupación Musical do Rosal e coa representación teatral -Retrincos de Castelao-, dous eventos abertos a toda a veciñanza.

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Octubre de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O Auditorio Municipal do Rosal converterase esta fin de semana no epicentro da cultura local cunha programación que combina música e teatro para todos os públicos. O Concello presenta dous eventos destacados que poñen en valor o talento, a tradición e o compromiso cultural da vila: o Concerto de Outono da Coral da Agrupación Musical do Rosal (AMDOR) e a representación teatral ‘Retrincos de Castelao’.

O primeiro gran evento terá lugar o sábado 25 de outubro ás 20:00 horas, cando a Coral da AMDOR celebre o seu Concerto de Outono con motivo do seu 21º aniversario.
O público poderá desfrutar dunha cita musical de alto nivel que contará coa participación da Coral Polifónica de Campo Lameiro e da Coral Airiños da Capela (A Coruña), ademais da agrupación anfitrioa.
A entrada será libre ata completar aforo, e a organización anuncia unha sorpresa especial para o público asistente, como colofón dun evento que pretende ser unha festa da música e da amizade entre coros.

A programación cultural continuará o domingo 26 de outubro ás 19:00 horas coa posta en escena da obra ‘Retrincos de Castelao’, protagonizada por Fran Rei e Isabel Risco, baixo a dirección de Diego Rey.
Esta adaptación teatral ofrece un percorrido humorístico e emotivo pola Galicia que inspirou ao xenial Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a través dun formato dinámico e accesible que mestura teatro, humor e memoria.
A proposta convida o público a reflexionar, rir e conectar coa identidade galega a través das historias e personaxes do autor de Rianxo.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, destacou que “estes dous días de cultura demostran o compromiso do Concello coa promoción artística e o acceso a actividades de calidade para toda a veciñanza”. Engadiu que “a música e o teatro son ferramentas de encontro, aprendizaxe e diversión que enriquecen a vida da nosa comunidade e fortalecen o tecido cultural local”.

Con esta programación, o Concello do Rosal reafirma o seu apoio ás iniciativas culturais que fomentan a participación cidadá e promoven o acceso á arte e á creación, consolidando o Auditorio Municipal como un espazo de referencia para a vida cultural do Baixo Miño.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí