Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal contará con novo obradoiro de emprego dedicado a albanelería e a carpintería

Así o anunciou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, ao alcalde con quen mantivo un encontro no edificio administrativo de Campolongo

Así o anunciou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, ao alcalde con quen mantivo un encontro no edificio administrativo de Campolongo

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Junio de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de O Rosal, José María Fernández, a quen anunciou a concesión dun novo obradoiro de emprego dedicado a albanelería e carpintería que beneficiará a 20 veciños desempregados deste municipio.

O rexedor agradeceu que a administración autonómica tivera en conta o proxecto presentado que "permitirá executar a reforma da praza de abastos de San Miguel de Tabagón, un proxecto moi interesante porque servirá para dinamizar esta construción e darlle un uso como mercado de proximidade, que permitirá aos veciños poder acceder a produtos autóctonos, especialmente os producidos no propio concello".

O obradoiro, denominado "Mercado de San Miguel", terá unha duración de seis meses e no mesmo a Xunta investirá case 180.000 euros, "que coa aportación a maiores do concello en materiais chegará a superar os 250.000 euros, xa que estamos a falar dunha obra que require un importante volume de medios", explicou Cores Tourís.

O delegado territorial mostrou a súa satisfacción por poder avanzar que este concello obtivo este obradoiro de emprego que ten "un obxectivo claro, dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reinsertarse laboralmente. De feito, as persoas desempregadas participantes como alumnado traballador percibirán o Salario Mínimo Interprofesional durante os meses que durarán estes proxectos".

Durante o periodo de formación a Xunta financiará o soldo dos participantes e a súa contribución á Seguridade Social, así como o dos docentes e o dos administrativos que xestionen o proxecto. Pola súa banda, os concellos encargaranse da organización directa dos cursos, a selección dos profesionais que os levarán a cabo e a relación cos participantes. Isto pon de relevancia, tal e como subliñou o delegado, "a importancia da colaboración entre institucións".

Cores Tourís tamén aproveitou para destacar o "manifesto claro de colaboración institucional da Xunta coas entidades locais para intentar que o obradoiros de emprego teñan continuidade na creación de postos de traballo no futuro".

En total, a provincia de Pontevedra contará con 29 obradoiros, 21 dos cales están a ser notificados nestes días aos concellos beneficiados. "Cinco destas iniciativas corresponderán a obradoiros para menores de 25 anos que xa, o ano pasado, tiveron unha moi boa acollida", engadiu Cores Tourís.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina este ano máis de 18 millóns de euros aos obradoiros de emprego, incluíndo esta cantidade unha liña de apoio específica aos menores de 30 anos para mellorar a súa inserción laboral. Destes programas mixtos de formación e emprego, cos que se poden acceder aos certificados de profesionalidade, poderán beneficiarse preto de 2.000 desempregados.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí