Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal contrata a 8 persoas ao abeiro de varios programas de fomento do emprego

Este mesmo 1 de xullo incorporáronse seis peóns de limpeza viaria, un albanel e unha técnica forestal

Este mesmo 1 de xullo incorporáronse seis peóns de limpeza viaria, un albanel e unha técnica forestal

Fecha: 02 de Julio de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal incorporou este mércores 1 de xullo a 8 novos traballadores e traballadoras contratados ao abeiro de diferentes programas que buscan o fomento da colocación de persoas inscritas como desempregadas no Servizo Público de Emprego de Galicia. Así, dende hoxe, o Concello conta na súa plantilla cunha técnica forestal, cun oficial albanel para a revalorización de espazos públicos e con seis peóns de recollida de lixo e limpeza viaria e forestal máis.

Así, a través do programa de fomento do emprego no medio rural Aprol Rural 2020, o Concello contratou unha técnica forestal a xornada completa durante 9 meses para a tramitación dos expedientes relacionados coa prevención de incendios forestais e limpeza de fincas. Ademais, ao abeiro da segunda quenda do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra contratáronse a dúas persoas para os postos de oficial albanel para a revalorización de espazos públicos e de peón de recollida de lixo e limpeza viaria e forestal. Estas dúas persoas contaran cunha xornada completa e a duración do contrato será de seis meses.

Xa por último, procedeuse á contratación doutras cinco persoas desempregadas perceptoras da Risga como peóns para o servizo de limpeza viaria municipal. Estas persoas, contratadas cunha xornada semanal que oscila entre as 25 e as 30 horas durante 9 meses, encargaranse de tarefas como a recollida de lixo, a limpeza viaria e a roza forestal ou a xestión e clasificación de residuos, entre outras.

O Concello da a benvida a estes novos traballadores e traballadoras e quere trasladar o seu agradecemento a todo o persoal técnico que se encargou de realizar as probas dos diferentes procesos selectivos.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones