Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal convoca a toda a veciñanza á creación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública

Constituirase o venres 6 de marzo ás 20.00 h nos baixos do Concello

Constituirase o venres 6 de marzo ás 20.00 h nos baixos do Concello

Fecha: 06 de Marzo de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Tras o deterioro progresivo dos servizos sanitarios de atención primaria no municipio, o Concello do Rosal convoca a todo o asociacionismo, partidos políticos, sindicatos, persoal sanitario, Comunidades de Montes, Comunidades de Augas e veciñanza en xeral a participar este venres 6 de marzo na creación dunha Plataforma en Defensa da Sanidade Pública que teña como obxectivos "denunciar as carencias de atención primaria e reivindicar os servizos sanitarios que nos corresponden". O acto de constitución, que estará aberto a todo o público, terá lugar ás 20.00 h nos baixos do Concello.

A constitución desta plataforma foi aprobada en pleno por unanimidade o pasado mes de outubro. Con ela búscase "facerlle fronte á situación na que se atopa a sanidade pública no Concello do Rosal que, se ben non é o único concello da comarca afectado, si é un dos municipios no que os problemas teñen unha incidencia maior, coa peor ratio en termos de usuarios e usuarias por persoal sanitario e cunha precarización xeralizada que se acentúa canto máis nos achegamos a zonas rurais", como salienta a alcaldesa Ánxela Fernández.

Esta plataforma en Defensa da Sanidade Pública, que xa ven funcionando noutras comarcas, busca integrar a toda a sociedade na procura de poñer freo aos recortes nos servizos da sanidade pública, algo que "está poñendo en perigo a vida das persoas. A sanidade, igual que a educación ou o transporte público, deben ser cuestións transversais".
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones