Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal da a benvida a varios días de cine

Asociación Ghorghalado e Concello organizan as II Xornadas de Cinema os días 28, 29 e 30 de xullo na Abadía das Eiras

Asociación Ghorghalado e Concello organizan as II Xornadas de Cinema os días 28, 29 e 30 de xullo na Abadía das Eiras

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Julio de 2022

Fuente: Concello do Rosal

Este mes de xullo O Rosal vivirá días de cine. A asociación Ghorghalado Cultura e Patrimonio organiza en colaboración co Concello a segunda edición das Xornadas de Cinema do Rosal, unha cita coa que se procura achegar ao público rosaleiro a unha oferta cinematográfica difícil de atopar nos circuítos habituais.

As xornadas chegan os días 28, 29 e 30 de xullo aos xardíns da casa rural Abadía das Eiras cunha selección de curtametraxes e documentais que satisfarán aos espectadores e espectadoras máis esixentes no que “se prioriza a calidade e a mensaxe sobre a novidade, tratando de combinar os contidos coa diversión”, como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Como novidade, nesta segunda edición das xornadas celebrarase o 1º Certame de Vídeoclips Xuvenís. Ao inicio do primeiro día, o xoves 28, proxectarase unha selección dos traballos presentados e entregarase un diploma acreditativo ás súas autoras e autores. Tras estes videoclips o público poderá desfrutar de cinco curtas e un documental: ‘Siempre a mano’, ‘Las muelas del cuco’, ‘Momentos’, ‘La inquilina’, ‘A última noite co Tonio’ e ‘Patrimonio habitado’, unha viaxe polo patrimonio da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés na procura de relatos en primeira persoa de formas de vida, oficios e festexos.

O venres 29 será de novo a quenda das curtas, coa proxección das pezas ‘¿Viejos?’, ‘O que queda’, ‘Dúas opcións’, ‘Casa bonita’, ‘Mama’ e ‘Fantasmas’. A xornada rematará co documental galego ‘Afranio’, na que o actor Luis Tosar encarna ao siñor Afranio nunha peza baseada na obra autobiográfica do mesmo nome de Alonso Ríos.

As xornadas rematarán o sábado 30 de xullo coa proxección de catro curtas seleccionadas (‘Fils Trencats’, ‘Cocodrilo’, ‘Casa bonita’ e ‘Lurna’) e do documental galego ‘Negro púrpura’, un retrato da Galicia do século XX a través dun fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da na cultura e na economía da época.

As proxeccións das xornadas son con entrada de balde e ao aire libre, polo que serán a partir das 22.00 horas. Pódese atopar máis información na páxina web das xornadas. A alcaldesa convida a todos os rosaleiros e rosaleiras a desfrutar destas noites de cine e agradece “todo o traballo desenvolvido pola asociación Ghorghalado para traer a cultura dun xeito diferente e ameno ao noso concello e á casa rural da Abadía de Eiras pola disposición e facer posible a celebración das xornadas neste fermoso espazo”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí