Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal dá o primeiro paso para a remodelación da Praza do Calvario

Primeira reunión entre o Concello, técnicos do plan Ágora da Deputación e a empresa que redactará o proxecto básico e de execución

Primeira reunión entre o Concello, técnicos do plan Ágora da Deputación e a empresa que redactará o proxecto básico e de execución

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Octubre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Primeiros pasos para a remodelación integral da Praza do Calvario e a súa contorna. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, tres concelleiros, o arquitecto municipal e dous técnicos da área de Mobilidade da Deputación de Pontevedra pertencentes ao plan Ágora mantiveron este mércores a primeira reunión co equipo da empresa adxudicataria encargada da redacción do proxecto construtivo, básico e de execución para a transformación deste núcleo urbano, Urbin. “É un proxecto que abordamos con moitas ganas e ilusión, porque vai supoñer a unha mellora importante para o municipio. Buscamos transformar o noso concello e recuperar espazos para as persoas, sempre dun xeito ordenado e contemplando todas as variables precisas, como a reordenación do aparcamento”, salienta a rexedora.

Trátase dunha remodelación integral da praza encaixada na estratexia de desenvolvemento integral do núcleo urbano do Rosal, que busca recuperar espazos públicos de calidade para a veciñanza e que servirá de modelo para o resto do municipio. Este encontro foi unha primeira toma de contacto para abordar todas as necesidades que se deben ter en conta á hora da elaboración do proxecto, así como os procedementos a seguir coas autoridades con competencias na Praza do Calvario, a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta e Estradas de Galicia.

Agora “quedan 5 meses de intenso traballo por diante” nos que traballar man a man, tamén coa tecido económico e social do municipio, xa que para a elaboración deste proxecto o equipo redactor contará tamén coa veciñanza, á que se lle dará voz a través dun proceso participativo para que sexa a propia sociedade a que opine, faga suxestións... sobre o futuro da praza.

O proxecto de reforma manterá o uso polivalente da praza e da súa contorna, pero cun marcado carácter peonil, servindo de espazo de convivencia e lecer da veciñanza, incrementando o dinamismo comercial da zona e garantido o acceso a residentes e carga e descarga dos establecementos comerciais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí