Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal dá voz á súa memoria máis viva

A alcaldesa presentou no auditorio municipal un proxecto que busca a recompilación do patrimonio inmaterial vivo contado en primeira persoa

A alcaldesa presentou no auditorio municipal un proxecto que busca a recompilación do patrimonio inmaterial vivo contado en primeira persoa

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Junio de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

Nun emotivo acto no auditorio municipal, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, presentou este venres o proxecto ‘Memoria Viva’, unha iniciativa “que xorde do convencemento de que era fundamental traballar na recuperación e recompilación dese patrimonio inmaterial vivo que teñen atesourado as nosas persoas maiores para que non caia no esvaecemento”. Un proxecto plurianual que busca poñer en marcha un sistema de salvagarda das lembranzas das persoas de maior idade do Rosal e que recollerá en vídeos documentais e libros as testemuñas e vivencias dos veciños e veciñas doutros tempos, a súa visión de momentos históricos ou a forma de vivir doutros tempos.

“Damos un paso importantísimo, porque non só queremos recoller pouco a pouco ese patrimonio inmaterial que temos, senón que temos a oportunidade de facelo cos seus protagonistas contándoo en primeira persoa. Esta memoria está viva e ese é un valor diferencial deste proxecto, xa que estamos afeitos a recoñecementos póstumos”, salientou a rexedora. Este proxecto terá continuidade anual e carácter plurianual xa que “hoxe damos un paso moi importante que ten que perdurar no tempo. Traballamos con material moi delicado e faremos un esforzo por recoller a tantas persoas maiores como nos sexa posible, a tantos avós e avoas do Rosal que teñen tanto que contar sobre un pasado que explica porque somos quen somos”.

Nemesio Castro (91 anos) e Marcola González (97) son os protagonistas da primeira edición deste proxecto de temática transversal no que se recolle “o punto de vista de dúas persoas tan implicadas sobre a realidade que lles tocou vivir no noso pobo”.

Por un lado, Nemesio, “un home a que case todo o mundo coñece polo extrovertido que é e porque sempre que fala do Rosal faino con orgullo e paixón. É parte do legado do noso pobo e ten un vínculo moi especial cun valor patrimonial fundamental para nós como son os muíños do Folón e do Picón, porque como el mesmo di non sei se fun do muíño para casa ou de casa para os muíños porque os muíños son a súa casa”.

Por outro, Marcola, “a tendeira de Novás, a tenda que era o centro de operacións de todo o barrio. Unha muller avanzada aos seus tempos, que sempre foi dous ou tres pasos por diante da realidade que lle tocou vivir. É unha muller que na súa vida foi rachando barreiras e teitos de cristal. Aprendeu a ler naqueles tempos, sacou o carné e aprendeu a nadar de maior... e acredita a forza da xente nova para construír o futuro”.

Despois de visualizar os dous primeiros vídeos documentais do proxecto, a alcaldesa fixo entrega de dous ramos de flores a Marcola e Nemesio. O Concello quixo tamén sorprender ao muiñeiro máis coñecido do Rosal, que xusto cumpre 91 anos este 19 de xuño: o director da Banda de Música, Javier Alonso, e o seu alumno Rubén tocaron ao piano e ao saxofón a melodía do ‘Aniversario feliz’ mentres todo o auditorio lle cantaba.

A alcaldesa quixo agradecer especialmente ás súas familias “a implicación, a colaboración e o agarimoso esforzo para conseguir sacar adiante este proxecto que nos enche de ilusión”. O evento, guiado polo rosaleiro Javier Lago, contou coa presenza de familiares e amigos dos protagonistas, así como da deputada Victoria Alonso; da alcaldesa de Tomiño, Sandra González; de representantes da corporación municipal e dun cento de veciños e veciñas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí