Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal debaterá sobre a enerxía dende distintas perspectivas cun ciclo de charlas no Centro Social Polivalente

O primeiro relatorio será o vindeiro 14 de xaneiro ás 19.00 horas co investigador Antonio Turiel, un referente a nivel internacional

O primeiro relatorio será o vindeiro 14 de xaneiro ás 19.00 horas co investigador Antonio Turiel, un referente a nivel internacional

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Enero de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal reflexionará sobre a enerxía dende diferentes perspectivas. Ese é o obxectivo co que o Concello organiza as ‘Xornadas de Enerxía’, que se celebrarán no Centro Social Polivalente e que arrancan con tres relatorios con conferenciantes de relevancia nacional e internacional e que non descarta ampliar en vindeiras datas. “Con estas charlas iremos abordando asuntos relacionados cos diferentes tipos de enerxía, os modos de consumo enerxético, os modelos alternativos, a sostibilidade...”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A primeira conferencia será a de Antonio Turiel o venres 14 de xaneiro ás 19.00 horas, que abordará por vídeo conferencia a crise enerxética e os cambios sociais. Este investigador e divulgador científico é un referente a nivel internacional en cuestións como o esgotamento dos recursos convencionais de combustibles fósiles, como o pico do petróleo e as súas posibles implicacións a escala mundial e tamén sobre a economía e sociedade españolas; avoga polo decrecemento.

Francisco Hinojosa Moyano, técnico superior en enerxía solar e eficiencia enerxética e xerente de Ekosol Renovables, falará o martes 25 de xaneiro ás 20.00 horas sobre ‘Renovables, novos tempos, novas solucións’. A última charla destas xornadas será a cargo de Xosé Manuel Golpe, consultor enerxético especializado en alternativas enerxéticas de pequena escala. Será o sábado 12 de febreiro ás 11.00 horas e afondará sobre o consumo comunitario e alternativas enerxéticas sostibles.

As charlas poderán seguirse de xeito presencial no salón de actos do Centro Social Polivalente (con entrada pola rúa Simón del Mazo), de balde e con entrada libre ata completar aforo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí