Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal descubre novas e novos poetas no certame de poesía Rosalía de Castro do CPI

A alcaldesa entregou este martes os premios ao alumnado gañador

A alcaldesa entregou este martes os premios ao alumnado gañador

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Abril de 2022

Fuente: Concello do Rosal

Novas e novos poetas agóchanse nas aulas do CPI Manuel Suárez Marquier. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, entregou este martes os galardóns aos premiados no certame de poesía co que o centro conmemorou este ano o Día de Rosalía de Castro en colaboración co Concello do Rosal. “Os resultados da participación déixanos ver que temos un gran potencial entre os nosos nenos e nenas e entre a nosa mocidade. Foron capaces de sorprendernos coas súas creacións, poemas actuais adaptados aos diferentes temas que Rosalía tratou na súa obra”, explica a rexedora.

Na categoría 1, para alumnado de primeiro e segundo ciclo de educación primaria, o xurado decidiu outorgar un premio colectivo á clase de 1º de Primaria, mentres que a estudante Lea Lomba Alonso, de 4º de Primaria fíxose co accésit. Na categoría 2, para estudantes de terceiro ciclo de educación primaria e 1º e 2º da ESO, a gañadora foi Noa Carabelos Álvarez, da clase de 6ºB. O accésit desta categoría foi para Saray Álvarez Coimbra, de 5ºB de primaria.

As obras debían ser inéditas e seguir a estrutura da poesía de Rosalía: unha linguaxe sinxela, versos curtos e glosa ou cantar popular que aparece ao principio da composición e a partir da que se elabora o poema. Como os poemas da autora, os traballos presentados debían centrarse na paisaxe galega, no amor, na emigración, na soidade, no costumismo, no machismo na sociedade ou na ironía ou o humor para tratar eses mesmos temas.

A alcaldesa quixo dar os seus parabéns non só ás e aos gañadores, senón a todo o alumnado “por participar no certame e render a súa propia homenaxe a unha autora que é peza fundamental da literatura galega”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones