Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O Rosal desinfecta as rúas de maior tránsito, zonas estratéxicas e elementos sensibles

O Concello quere agradecer a boa disposición da Asociación de Adegas do Rosal, que colabora cos operativos de limpeza postos en marcha

O Concello quere agradecer a boa disposición da Asociación de Adegas do Rosal, que colabora cos operativos de limpeza postos en marcha

Fecha: 25 de Marzo de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O Concello do Rosal reforzou nos últimos días os equipos de limpeza para levar a cabo diferentes accións de desinfección dentro do protocolo de prevención do COVID-19. Deste xeito, xa se están a desinfectar as rúas de máis tránsito no núcleo urbano do Rosal, así como as de aqueles barrios onde haxa maior concorrencia e movemento de xente. Ademais, procederase tamén a fumigar zonas estratéxicas como o centro de saúde e elementos sensibles, como poden ser bancos, pasamáns, papeleiras, etc...

Ao traballo de desinfección manual que realizan operarios con mochila de desinfección ou hidrolimpadoras súmase tamén un operativo de limpeza posto en marcha grazas a inestimable colaboración da Asociación de Adegas do Rosal. Así, dende este mércores 25 estanse a desinfectar diferentes rúas cun tractor con cisterna e unha mangueira de baldeo coa que se limpan rúas e zonas cunha solución de líquidos desinfectantes. Esta maquinaria é conducida por un operario das adegas, mentres que un operario municipal encárgase de manexar a mangueira e realizar as labores de desinfección.

Dende o Concello do Rosal quérese agradecer a gran colaboración prestada polas adegas do municipio nunha tarefa de vital importancia nestes momentos como a desinfección de rúas, zonas, elementos ou mobiliario urbano, un ámbito no que as adegas teñen moita experiencia. "Amosa a súa solidariedade e a súa boa disposición a achegar o seu gran de area nunha situación tan grave. Moitísimas grazas por poñer á nosa disposición o material e o equipo humano necesario", salienta a alcaldesa Ánxela Fernández.

Así mesmo, o Concello tamén quere agradecer o labor desenvolvido polos operarios municipais encargados da limpeza, polo grande esforzo que están a realizar durante estes días de alerta sanitaria.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones