Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal dille fóra aos plásticos

O salón de exposicións acolle ata o 28 de xuño unha mostra creada por San Xerome Emiliani, en colaboración con centros escolares do Rosal e A Guarda, para concienciar sobre o uso deste material

O salón de exposicións acolle ata o 28 de xuño unha mostra creada por San Xerome Emiliani, en colaboración con centros escolares do Rosal e A Guarda, para concienciar sobre o uso deste material

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Junio de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O salón de exposicións acolle dende este martes 21 ata o vindeiro 28 de xuño a exposición "Fóra plásticos!", unha mostra creada por San Xerome Emiliani coa colaboración doutros nove centros educativos da comarca e do Concello do Rosal, da Guarda e de ANABAM có obxectivo de concienciar á sociedade sobre o uso desmesurado dos plásticos.

O proxecto, denominado como a exposición, "Fóra plásticos!", promoveu a relación entre diferentes centros da contorna para facer fronte común no coidado do medio ambiente e desenvolver actividades como a limpeza de plásticos preto dos colexios participantes, promover a cultura da reciclaxe ou sensibilizar á poboación con esta mostra conxunta que agora chega ao Rosal. Na mostra participan ademais de San Xerome Emiliani, A Galiña Azul O Rosal, o CRA María Zambrano, o CPI Manuel Suárez Marquier, o CEIP A Sangriña, Padres Somascos – Fundación Educere, o CEIP Plurilingüe As Solanas, o CEIP Manuel Rodríguez Sinde, a Fundación Vedruna Educación e o CEIP Pintor Antonio Fernández.

Con esta exposición os centros participantes buscan que mocidade e infancia sexan os protagonistas do cambio, tentando concienciar e sensibilizar ao resto da poboación sobre o consumo desorbitado dos plásticos na sociedade, un problema grave que afecta ao medio ambiente e ao mantemento da vida no planeta.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, convida a toda a veciñanza a visitar a mostra, que estará aberta ao público de luns a xoves de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.30 horas. “Debemos concienciar á poboación da problemática que supón o abuso excesivo dos plásticos e que coñezan iniciativas que lles poden animar a nivel individual a reducir o consumo e uso destes residuos”, salientou a rexedora.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí