Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

O Rosal dispón de 108.000 euros para reformar a escola unitaria de Fornelos como espazo polivalente gracias ás xestións do anterior Goberno provincial

O equipo liderado por Carmela Silva conseguiu fondos europeos para a obra da estrada provincial de Tabagón-Goián, aforrándolle así a súa achega ao Concello

O equipo liderado por Carmela Silva conseguiu fondos europeos para a obra da estrada provincial de Tabagón-Goián, aforrándolle así a súa achega ao Concello

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Septiembre de 2023

Fuente: PSdeG PSOE

Concello de O Rosal acometerá obras valoradas en 108.381,55 euros con cargo á partida que inicialmente ía financiar a participación municipal no convenio para a mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-3303 (Tabagón-Goián). O equipo da anterior Deputación, liderado por Carmela Silva, logrou que este proxecto de mellora viaria sexa financiado ao 68% con fondos europeos.

As actuacións que O Rosal ten agora vía libre para executar consisten na reforma interior da escola unitaria de Fornelos para reconvertela nun espazo polivalente, cun orzamento equivalente ao importe que aforra no convenio da estrada provincial.

O Pleno da Deputación, celebrado hoxe, deu aprobación á addenda ao convenio asinado o pasado 16 de maio entre a ex-presidenta, Carmela Silva, e a alcaldesa Ánxela Fernández, para as obras desta estrada entre os PQ 1+795 e o PQ 3+600 por un valor total de 795.872,12 euros. A Deputación logrou posteriormente, a  través do Goberno de España que esta actuación fose financiada integramente por fondos europeos incluídos no programa DUS 5000, destinado a impulsar os pequenos municipios dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. O Concello tíñase comprometido no convenio orixinal a achegar o 20% do importe (159.174 euros) e decidiu financialo co Plan Concellos 2022. Agora, diante do “aforro” producido pola subvención parcial do DUS5000, o Concello recupera a parte proporcional da súa achega.

O voceiro do grupo municipal socialista, Carlos Font, subliña que O Rosal vese así dobremente beneficiado, pois, pasará a gozar dun tramo de estrada provincial completamente humanizado, incluída a renovación dos servizos de competencia municipal, sen ter que achegar fondos. Uns recursos que, en virtude da addenda, utilizaranse para o financiamento doutras obras municipais. “Un novo exemplo do traballo que facía o anterior Goberno provincial, sempre en  favor dos concellos de toda a provincia”, concluíu.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí